InicioA CORUÑAO alumnado do IES Salvador de Madariaga mergullouse na crúa realidade do...

O alumnado do IES Salvador de Madariaga mergullouse na crúa realidade do franquismo con Agareso

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Nestes tempos convulsos nos que parece que ser revolucionario é ser de extrema dereita, conseguir que a mocidade coñeza de verdade o que pasou nos tempos do franquismo convírtese nun desafío real para toda a sociedade. E nada se aprende mellor que investigando. Esas son as chaves do proxecto “Creación de Audios pola Memoria das Mulleres”, impulsado por Agareso co financiamento do Ministerio de Política Territorial e Memoria democrática.

A IES Salvador de Madariaga de A Coruña foi un dos centros participantes no proxecto da ONG, que converte ao alumnado de 1º e 2º da ESO en investigadores do seu propio pasado. A través deste programa achegáronse aos principais fitos históricos da Guerra Civil e a Ditadura e tamén gravaron e documentaron as vivencias de homes e mulleres que foron testemuñas directas ou indirectas desa época.

O proxecto centrouse especialmente na vida diaria das mulleres durante a ditadura franquista, algo sobre o que o alumnado preguntou ás súas avoas, avós, veciños e veciñas… estas vivencias exténdense a toda a provincia.

O alumnado herculino realizou máis de 40 entrevistas a avós e avoas de diferentes localidades, con diferentes oficios e perspectivas. As Mª Pilar Fernández, Fernando, MªTeresa Bouza, Julia Iglesias, María Miles , MªDolores Gómez , Félix Calvo, Silvia, María Juana Caamaño, o avó de Teo, José e Concepción Armada, falan de cómo era a vida diaria nesa época (falta de alimentos, a escola, a vestimenta…), como se escondían aquelas persoas perseguidas polo réxime ou que labores estaban reservados para as mulleres. Tamén contan historias familiares ou documentan a prohibición de falar galego en moitos ámbitos.

Toda a aprendizaxe e entrevistas realizadas están recollidas nun podcast que se pode escoitar na canle de iVoox de Agareso. Ademais deste centro participaron tamén o IES A Rodeira, en Cangas e o IES Eduardo Pondal, en Ponteceso.

O obxectivo concreto do proxecto é “paliar a falta de información acerca de esta época histórica e tamén ensanchar a documentación existente en materia de memoria democrática, especialmente aquela que ten que ver coa historia das mulleres por ser esta a máis descoñecida”, explica a xornalista Verónica Couto, de Agareso. “Preténdese que o coñecemento sobre o pasado axude a educar sobre o presente e o futuro e ademais teza lazos entre diferentes xeracións”.

ÚLTIMAS

Dimite a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade da Coruña por “motivos persoais”

A responsable de Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña, Noemí Díaz (PSOE), presentou...

En marcha a edición máis social e reivindicativa da historia do Viñetas do Atlántico

Xa está en marcha a 29ª edición do festival Viñetas desde o Atlántico, a...

A Coruña pedalea con Orgullo

Este sábado 27 de xuño, a partir das 11:00h partirá da Coiraza do Orzán,...

O Pasatempo vibra co Fumega Fest

O festival Fumega Fest ten todo a punto para dar comezo á súa segunda...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here