InicioA CORUÑAPP, Sumar e Podemos Coruña esixen explicacións á crise aberta no Goberno...

PP, Sumar e Podemos Coruña esixen explicacións á crise aberta no Goberno local da Coruña

Publicada o

Por Redacción

A dimisión de onte da concelleira de Mobilidade e Infraestruturas Noemí Díaz, sumada á longa baixa da edil de Mercados Diana Sobral, están a provocar unha fonda crise no goberno socialista. Así o entenden os grupos da oposición, que veñen de realizar as súas valoracións.

Moitos lembran as saídas pola porta de atrás de Juan Villoslada ou de Mónica Rodríguez, polas desavenencias co seo do partido, así como o trato realizado con outra militante con peso, Eva Acón.

A posición do PP

Dende o PP emiten a súa valoración: “A dimisión de Noemí Díaz, á que lle desexamos todo o mellor no seu novo cargo no sector privado, un dos pesos pesados ​​do goberno a menos dun ano das eleccións municipais, reflicte o que é un segredo a voces dentro do seu grupo: a decadencia interna dun goberno municipal que leva tempo roto e dividido. O pobo da Coruña está farto tamén de Inés Rey e dos seus compañeiros de goberno”, denuncian dende o partido popular.
“Estamos a presenciar o final da era de Inés Rey. Dimite da xestión da cidade e xa non pode ocultar as profundas fendas internas dentro do poder executivo local, que os membros do seu grupo denuncian. Estas fendas derivan da concentración de poder nas mans dunha soa persoa, Lage Tuñas, e do desprezo mostrado aos demais concelleiros, ata o punto de que tanto Lage Tuñas como Tuñas foron acusados ​​de acoso laboral por dous exconcelleiros durante o seu mandato”.

Sumar e Podemos

As formacións de Movemento Sumar Coruña e Podemos Coruña (desta volta non está EU asinando a nota) manifestan “a súa preocupación pola crise aberta no Goberno local e reclaman á alcaldesa que explique con transparencia a situación, porque A Coruña está por riba de calquera partido e a cidadanía merece saber que goberno ten”.

As organizacións lembran que non se trata dun feito illado. “Cando un goberno renova arredor do 60% dos seus concelleiros e concelleiras en apenas sete anos, algo está a fallar”. “Desde 2019 producíronse numerosas saídas, persoas que deixaron de repetir nas listas e tamén cambios continuos de responsabilidades, chegando mesmo a retirar competencias a membros do propio executivo”, recordan.

Para Trinidad Palacios, voceira de Movemento Sumar Coruña, “esta non é unha cuestión interna do PSOE; é unha cuestión que afecta ao Goberno da cidade e, por tanto, require explicacións públicas”.
Pola súa banda, Aitor Neira, voceiro de Podemos Coruña, afirma que “non se pode pretender ocultar unha crise política con anuncios grandilocuentes. Esa fuxida cara adiante é inaceptable mentres non se explica con claridade que está a pasar dentro do Goberno local”.

Máis novas

Dimite a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade da Coruña por “motivos persoais”

ÚLTIMAS

O alumnado do IES Salvador de Madariaga mergullouse na crúa realidade do franquismo con Agareso

Nestes tempos convulsos nos que parece que ser revolucionario é ser de extrema dereita,...

Piden 29 anos de cárcere para o home que encaixou tres veces o seu coche contra un bar dos Mallos

A Audiencia da Coruña xulgará a partir do próximo martes, día 30, ao home...

Dimite a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade da Coruña por “motivos persoais”

A responsable de Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña, Noemí Díaz (PSOE), presentou...

O Pasatempo vibra co Fumega Fest

O festival Fumega Fest ten todo a punto para dar comezo á súa segunda...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here