InicioMOV. SOCIAISAs entidades sociais unen forzas para conseguir a "igualdade de oportunidades laborais”

As entidades sociais unen forzas para conseguir a “igualdade de oportunidades laborais”

Publicada o

Por editor

Entidades sociais da cidade da Coruña mantiveron o pasado venres unha xuntanzan na Cruz Vermella para analizar a situación do mercdo laboral e buscar sinerxias. A entidade quixo compartir o seu Plan de Emprego coas entidades e axentes sociais da cidade para falar de “igualdade de oportunidades laborais”.

A gran resposta á convocatoria deixou claro que, tal e como destacou Mar Miranda, quen xunto a Mery Gómez coordina a área de Emprego de Cruz Vermella na provincia da Coruña, “traballamos todas xuntas para contribuír a que o mundo do traballo sexa un lugar accesible para todas as persoas”. Neste sentido, Miranda, que deu paso ao conselleiro laboral Ignacio Álvarez para presentar os principais resultados do Plan de Emprego de Cruz Vermella na cidade, agradeceu á trintena de asistentes o seu esforzo por engadir ao seu traballo diario “un momento para compartir necesidades e iniciativas con entidades e axentes sociais”.

Reunion Cruz Roja Empleo Coruna
Mar Miranda e Ignacio Álvarez

A xornada serviu para reivindicar a necesaria colaboración entre as entidades sociais, as administracións públicas e o empresariado para dar resposta a todas as persoas demandantes de emprego.

ÚLTIMAS

(Vídeo) Extinguido o gran incendio en Visma que cubriu de negro o ceo de Arteixo

O incendio declarado este domingo na parroquia de Visma, na Coruña, quedou extinguido durante...

O CIFP Paseo das Pontes convértese no primeiro de referencia nacional e téxtil

O Centro Integrado de FP Paseo das Pontes convértese no primeiro Centro de Referencia...

Unha nova limpeza no Orzán eliminou 105 kg do noso mar

A praia do Orzán acolleu este sábado outra xornada de limpeza ambiental que resultou...

Con permiso de la autoridad eclesiástica, premio á mellor cutrometraxe no Intersección da Coruña

Intersección, o Festival Internacional de Cine da Coruña, deu a coñecer o palmarés da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here