InicioDEPORTESInés Poncela e Maia Freire traen medallas do Spanish International sub15 de...

Inés Poncela e Maia Freire traen medallas do Spanish International sub15 de bádminton

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Triunfou o combinado galego no Aberto de España Sub-15 Spanish International 2024 e no Open de España 2024 Sub-17, celebrados esta pasada fin de semana en Benalmádena.

Entre as volantistas galegos atopamos ás coruñesas Sara del Castillo, Maia Freire e Inés Poncela, dúas das promesas do bádminton estatal. Dúas das deportistas do Club do Mar volveron con medalla.

A primeira foi para Inés Poncela que volveu cun destacado bronce en individual feminino no sub-15

Ademais, Maia Freire logrou colarse coa súa compañeira Xulia Otero (CB As Neves) nas semifinais de dobres feminino. Aínda que xogaron un partido moi igualado, finalmente caeron ante as suas adversarias por 16-21 no terceiro set, polo que compartiron o mesmo chanzo de podio con Marta Álvarez e a asturiana Belén Soto, que lograron o bronce ao chegar ás semifinais.

Máis complicada foi a participación de Sara del Castillo. A deportista herculina pasou de categoría, xa compite en sub17 e desta volta non puido acadar medalla como nos tiña acostumados.

Máis novas

Sara del Castillo e Inés Poncela novas Campioas de España de dobres feminino sub15

A herculina Maia Freire, nova campioa de España sub13 de badminton

Sara de Castillo, a herculina que domina as categorías base do bádminton estatal

 

ÚLTIMAS

O cupón da ONCE deixa 105.000 euros na Coruña

O Cupón Diario do ONCE repartiu 105.000 euros con tres cupóns premiados con 35.000...

O Concello adxudica a xestión da rede de escolas infantís municipais

O Concello da Coruña adxudicou, a distintas empresas, o servizo de xestión do oito...

A Deputación financiará a entidades para impulsar o emprendemento

A Deputación da Coruña publica este martes no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a...

As protestas contra a directiva e a censura colocan ao Dépor nun crú momento de fractura social

Deberían ser tempos de ilusión, coa volta do Dépor á 1ª División. Pero o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here