InicioCULTURAA AMEGA organiza un roteiro e un festival de música galega contemporánea...

A AMEGA organiza un roteiro e un festival de música galega contemporánea na Coruña polo Día dos Medios en Galego

Publicada o

Por editor

Presentaron este martes a Asociación de Medios en Galego (da que forma parte esta cabeceira) o programa de actividades que organizou an entidade para celebrar o XI aniversario do Día dos Medios en Galego. Este día, 7 de febreiro, coincide coa saída da primeira publicación monolingüe en galego O Tío Marcos d’A Portela, editado por Valentín Lamas Carvajal no ano 1876.

Pablo García indicou que “o Día dos Medios en Galego é un día de reivindicación pero tamén de celebración. E que AMEGA, segue tendendo pontes cunha serie de actividades que queren dignificar a labor dos medios en galego e achegalos aos máis novos”.

Roteiro Xornalístico na Coruña

Nesta nova edición, AMEGA presenta un programa composto por varias actividades e celebracións relacionadas coa nosa lingua. En primeiro lugar a asociación organizou ao longo do mes de febreiro un conxunto de roteiros xornalísticos por varias vilas do país. Neles visitaranse lugares emblemáticos relacionados coa historia e a actualidade dos medios en galego, acompañados por expertos na temática e amenizado por bandas musicais.

O ciclo de roteiros comezou na Estrada a semana pasada e continúan en Santiago de Compostela e A Pobra do Caramiñal (17 de febreiro), e finalmente nA Coruña (24 de febreiro), un evento organizado polo Xornal da Coruña, en colaboración coa A.C. Alexandre Bóveda.

Na cita, dirixida por Xurxo Souto, falarán Ubaldo Cerqueiro (XornaldaCoruña), Xosé Manuel Pereiro (Luces), Xoán Costa (Nós Diario), María Xosé Bravo e Carmela Galego (AC. Alexandre Bóveda) e Tomás Legido (CUAC FM), ademais dalgunha que outra sorpresa.

Roteiro xornalistico AMEGA na A CORUÑA

Ademais, presentarase unha guía didáctica para que o profesorado galego poida incluír contidos relacionados co pasado e o presente dos medios en galego, que leva por título “Coñecendo os medios en galego”. Co que se quere conmemorar o 175º aniversario de Valentín Lamas Carvajal.

Festival de música contemporánea

Por último, AMEGA repite na organización dun evento musical para reivindicar o uso da lingua. Nesta ocasión as protagonistas serán Fillas de Cassandra e De Ninghures, e os concertos celebraranse o vindeiro xoves 22 de febreiro na Sala Inn Club da Coruña a partir das 21h. De novo, a organización chega da man deste Xornal da Coruña.

Festival Fillas de Cassandra Coruna

Xa podes reservar as túas entradas en entradium.com.

ÚLTIMAS

A fermosa colaboración entre CEEPR Lourdes e o CIPF Paseo das Pontes na formación profesional

O que fai o CEEPR Lourdes Aspronaga en materia de inclusión cos seus usuarios...

A Coruña á espera de informes sobre a posible declaración de mercado tensionado

Os concellos da Coruña e Santiago atópanse á espera de informes sobre a posible declaración das...

A Escola Municipal de Música xa cae a anacos

O persoal da Escola Municipal de Música da Coruña quere advertir que o pasado...

Un traballador perdeu a vida tras caer dunha altura de oito metros en Arteixo

Un traballador perdeu a vida tras caer dunha altura de oito metros no polígono...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here