InicioA CORUÑAPersoal de limpeza do Hospital da Coruña concéntrase polos seus dereitos laborais...

Persoal de limpeza do Hospital da Coruña concéntrase polos seus dereitos laborais e salariais

Publicada o

Por editor

O persoal de limpeza do Hospital Universitario da Coruña (HUAC) vai concentrarse durante tres días desta semana diante da Xerencia para esixir que a empresa co servizo adxudicado, Acciona, respecte os seus dereitos laborais e salariais. A primeira mobilización foi este mércores día 14 entre as 09,45 e as 10,45 horas e repetiranse no mesmo horario o xoves día 15 e o venres día 16 de febreiro.

A CIG detallou nun comunicado que as condicións dos traballadores de limpeza “deben estar equiparadas ás do persoal público do Sergas” e que así ocorreu o pasado ano no que “se acordaron melloras retributivas e unha redución da xornada anual” de todos os traballadores dos servizos sanitarios. Con todo, o sindicato denuncia que estes acordos non se implantaron no hospital coruñés.

Nun principio, as concesionarias negáronse a aplicar estas melloras pero despois de numerosas reunións co Sergas e da presión sindical conseguiuse arranxar esta cuestión na maioría dos servizos, menos na limpeza do CHUAC”, sinalou a CIG.

O sindicato apuntou que xa existen unha serie de melloras de salarios e na xornada “recoñecidas” por sentenza e que Acciona “pretende absorber” o acordo co Sergas cos avances xa recoñecidos.

“A empresa está a roubarnos parte da subida salarial que nos corresponde e negándonos os días de redución dá xornada anual aos que temos dereito, para así seguir engordando os seus beneficios”, denunciou o comité.

ÚLTIMAS

A Coruña abre o prazo para repartir 80 composteiros domésticos de balde

O Concello da Coruña abriu unha nova convocatoria para a entrega de 80 composteiros...

A música urbana galega abre o Beat Out

O Parque de Santa Margarida vibra esta fin de semana co Beat Out. O...

O Flores Rock celebra 10 anos con 3 días de concertos

O Barrio das Flores volverá converterse a comezos de setembro nun dos grandes puntos...

A Coruña inicia a humanización da rúa Páramo cun investimento de case 340.000 euros

O Concello da Coruña iniciou esta semana as obras de humanización da rúa Páramo,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here