InicioARTEIXOMeicende, outro barrio que sofre a vaga de roubos pola expansión da...

Meicende, outro barrio que sofre a vaga de roubos pola expansión da heroína

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Non é nova por Meicende a problemática coas drogas. De toda a vida, este lugar situado entre A Grela e Arteixo (pertencente a este concello) foi coñecido polos seus puntos de venda de droga. Pero a situación que vive a zona estes meses, como acontece en Monte Alto, é particularmente tediosa e dá boa conta de que se trata dun problema estrutural, que os Concellos da volta teñen que atallar de forma integral.

Porque a heroína volve á cidade, é unha feito ben recoñecido polas entidades sociais que atenden a persoas en risco de exclusión e que recollen, continuamente, xeringas de zonas agochadas. A día de hoxe, xa co medo esquecido polas xeracións máis novas daqueles efectos tan crús da crise da heroína nos anos 90, volve haber un auténtico problema social con estes novos drogaditos que conseguen unha dose para fumar ou para pincharse por apenas 3-4 euros, e quedan batidos polas rúas, sen consciencia ningunha do que é a comunidade. Avocados aos pequenos roubos, tiróns, a estar pedindo 1 euro por aquí ou por alá, un pitillo, un café… representan un auténtico incordio para a sociedade.

Así o viven por exemplo Mariví Novoa ou David Fuentes, dous veciños de toda a vida de Meicende. Ambos viven o sector do comercio dende dentro, dende sempre, Mariví agora na libraría A Carpeta de Cocó, e David de toda a vida na familiar Parrillada Fuentes. Ambos recoñecen que o se vive na vila dende hai 2-3 meses non é normal, e por iso están mobilizando á veciñanza para que as administracións tomen medidas reais. Utilizan a forza social do fútbol, dese Sporting Meicende que o xuño pasado mobilizada 400 persoas ata Compostela para conseguir o ascenso a 1ª Galega, e que a estas alturas representa a comunidade máis forte do barrio.

Somos de aquí de toda a vida, e temos convivido moitos anos cos puntos de droga, pero nunca tivemos medo de saír á rúa”, sinala Mariví. “Vén de hai 2-3 meses. Xa estiveron no Petón, e despois de ocupar o antigo parque móbil da Xunta, Artística, uns subiron á parte alta da vila, e están creando problemas continuamente. Dan tiróns ás persoas maiores pola rúa, entran continuamente a roubar nas tendas ou mesmo chegaron a romper algún escaparate con pedras.

”Non se atalla o problema dos puntos de droga e de aí veñen os problemas. Aquí temos eroski, gadis e mercadona da droga, e agora xa nos puxeron un lidl para deixala aínda máis barata”, lanza Mariví chea de retranca.

Que solicitan

Conseguiron mobilizar á prensa e a partir de aí o alcalde Carlos Calvelo aceptou unha reunión coa representación veciñal, coa Asociación de Veciños como mero ente burocrático, e cos comerciantes. “Solicitamos o que levamos pedindo moito tempo: máis activos policiais, do que sexa; e sobre todo un cuartel da Nacional (só hai en Carballo), xa que somos unha poboación grandísima”. Unha petición, a do cuartel da Nacional, pola que van pelexar ata onde faga falta.

O Concello de Arteixo anunciou este pasado sábado novas medidas, e xa se nota na rúa, con máis presenza policial. “Non queremos que esto sexa puntual, queremos que se quede esta vixilancia”.

E avisan: “Se non nos fan caso, ímonos defender, esta vez non nos paran. Imos incomodar aos yonkis, incomodar aos puntos de venda, e incomodar á parte política, pero queremos deixar claro que isto non ten tintes partidistas”.

Reunión co Concello

Trala reunión co Concello, as veciñas non saben quen vai axudar a quen, para solicitar unha reunión coa Subdelegada do Goberno nun prazo de 10 días. Dende o Concello aseguran que van manter os efectivos da Policía Local xa despregados dende a pasada fin de semana, e que si se notan.

Con todo, van pedir conxuntamente máis efectivos da Garda Civil e sobre todo, incidir na necesidade de establecer o cuartel da Nacional.

”Non sabemos se temos que sacar a carreira de Policía”, bromean con esperanza de que se solucionen as cousas, pero avisando que esperan que nestes 10 días se solucionen as cousas.

Máis novas

Asociacións veciñais da Coruña aplauden a “unión” en Monte Alto pero piden non tomar a xustiza pola man

O Martinete únese contra o abandono… e o esqueleto de formigón

ÚLTIMAS

Milleiros de persoas maniféstanse na Coruña en demanda de “mellores salarios” e “traballo digno”

Miles de persoas saíron ás rúas en distintas localidades galegas nas manifestacións convocadas polas organizacións...

Somnia, un thriller en galego feito polas novas xeracións do audiovisual coruñés

”Somnia” fala obsesión, de perder o norte cando a vida non é a que...

Amancio Ortega cobra a metade dos beneficios de Inditex, 1.422,5 millóns

O fundador e primeiro accionista de Inditex, Amancio Ortega, ingresará este xoves, 2 de maio,...

A Filmoteca de Galicia inicia maio cunha retrospectiva sobre o cineasta xaponés Yasujiro Ozu na Coruña

A Filmoteca de Galicia iniciará a súa programación do mes de maio na sala José...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here