InicioCULTURAA rede da A.C. Alexandre Bóveda

A rede da A.C. Alexandre Bóveda

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A Asociación Cultura Alexandre Bóveda é un verdadeiro foco cultural de vertixe, ata o punto que é complicado seguirlle o paso e poder publicarlle cada evento, cada acto. Pero elas xa non contan coa prensa, nin coas administracións para encher os auditorios, ou para encher as rúas. Bástalle a rede de fieis que disfrutan coas continuas actividades culturais que arman semana tras semana.

Sita no 1º do eterno e vivo Circo de Artesáns, a entidade gusta de sacar os seus eventos á rúa. Aínda o vindeiro 23 de febreiro sacará unha lectura colectiva ás portas do Teatro Rosalía polo Día de Rosalía, pero é que nunha mesma semana poden ter programa 5 ou 6 días. Sesións de Internacionalismo, de pintura, de lusismo, de lendas, de teatro, de resistencia cultural, de poesía, de arqueoloxía, presentacións de libros de aquí e dalá… (“hai que ofrecer eventos diversos”, explica María Xosé para ter sempre xente… E Roteiros Literarios.

Os Roteiros da entidade merecen un apartado especial. É aí cando María Xosé Bravo e Carmela Galego, presidenta e vicepresidenta, funden as súas experiencias, as súas cabezas comezan a carburar para armar eventos como o roteiro polos Xardíns de Méndez Núñez, no que a cousa se desbordou con máis de 200 persoas…

Roteiro literario da AC Alexandra Boveda nos Xardins
Imaxe dun Roteiro literario da AC Alexandra Bóveda nos Xardíns

Paso a paso, persoa a persoa, relato a relato, vínculo a vínculo, non deixan pasar un só detalle para artellar cada evento, demostrando un agarimo, un compromiso, unha conexión extrema.

A web acorunaliteraria.gal

Falan do seu proxecto A Coruña das Mulleres, pero contan con especial agarimo o traballo realizado, “todo sempre con xente da casa”, na web acorunaliteraria.gal. Espazo que cumpre un ano nestas datas, e que recolle innumerables detalles da historia da nosa cidade, así como anécdotas curiosas (o crowfundind de Rosalía de Castro, por exemplo).

Espectacular é o material colleitado para facer o Mapa Literario, e máis aínda para a lista de roteiros literarios para os que ata ofrecen unha unidade didáctica perfilada para quen queira organizalo pola súa conta.

ÚLTIMAS

O Concello da Coruña prepara os trámites para a intervención na vivenda tras declararse mercado tensionado

O Concello da Coruña ultima os trámites para actuar no mercado do aluguer tras...

Investigan un aviso de bomba no CHUAC que acabou sendo unha falsa alarma

A Policía Nacional investiga a autoría dun aviso de bomba no complexo hospitalario coruñés...

Xuíces da Coruña rexeitan crear unha praza de Violencia sobre a Muller “a costa” de Instrución

Xuíces e xuízas dos órganos de Instrución da Coruña alertaron de "prexuízos moi considerables"...

O BNG da Coruña pide a cancelación do concerto de Diego ‘El Cigala’, condenado por violencia de xénero

O BNG pediu ao Concello da Coruña que cancele a actuación de Diego 'El...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here