InicioDEPORTESUnha media contra vento e marea

Unha media contra vento e marea

Publicada o

Por editor

Contra vento e auga pelexaron esta mañá dominical máis 2.500 deportistas que non se amilanaron ante a borrasca Luís e que partiparon na XVI edición do medio maratón Coruña 21 e na 5K.

O percorrido do medio maratón comezaron e concluíron a C21 no Obelisco. A primeira parte trancorreu por Ramón y Cajal, Salvador de Madariaga e o porto coruñés. Na segunda, os atletas percorreron as praias de Riazor, Orzán e Matadoiro polo paseo marítimo e atravesaron a rúa San Andrés para ir ata Porta Real e, desde alí, chegar á meta. O Sporting Club Casino acolleu a zona de ropeiros, recollida de dorsais…

Na categoría masculina, o mellor tempo, marcado por Pablo Sánchez Crespo, foi de 1:05.11. Acompañárono no podio final Workneh Fikre como segundo clasificado cun tempo de 1:05.14 e Eric Nzambimana como terceiro cun tempo de 1:05.15.
Na categoría feminina, María Azucena Díaz detivo o crono cun tempo de 1:19.34. A segunda mellor clasificada foi Sonia Abad, cun tempo de 1:25.01, mentres que María Jesús Conde quedou terceira cun tempo de 1:25.26.

Podio do C10 da Coruna

Arrincou o circuito 5K

En paralelo arrincou o circuito de probas de 5 quilómetros das e carreiras populares Coruña Corre, que comeza o próximo mes de marzo. Na categoría masculina, os tres primeiros clasificados foron Pablo Bocelo (15.52), Yago Ignacio García (16.01) e Víctor Alonso (16.08).
Na categoría feminina, as mellores foron Irati Lorza (19.06), Tania López (19.46) e Yolanda Gutiérrez (20.01).

ÚLTIMAS

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

Traballadores de Eulen acodiron esta mañá a unha concentración diante do edificio administrativo da...

Arrincou a campaña electoral para as eleccións xerais do 29N

Comezou, coa tradicional pegada de carteis, a campaña electoral de cara ás eleccións xerais...

A delicada tesitura do Centro Ocupacional Pascual Veiga

Entre a Falperra e os Mallos, silencioso nun primeiro piso enriba dunha oficina de...

O FESTIGUAL enche a fin de semana de teatro inclusivo para toda a familia

Continúa en marcha o FESTIGUAL. O ciclo organizado pola Fundación Emalcsa e o Concello...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here