InicioSOCIEDADEUn derrube obriga a cortar o tráfico na ligazón da Vía Ártabra...

Un derrube obriga a cortar o tráfico na ligazón da Vía Ártabra e N-V en Oleiros, inaugurado fai menos dun ano

Publicada o

Por europapress

O derrube dun muro da ligazón da Vía Ártabra, outra das grandes obras da Xunta, e a N-VI no municipio coruñés de Oleiros motivou a articulación de desvíos no tráfico mentres duren os traballos para a reconstrución desta infraestrutura aberta ao tráfico fai menos dun ano. Esta obra foi inagurada fai menos dun ano.

O colapso produciuse á altura dun establecemento comercial de produtos de xardinaría na tarde do pasado venres como consecuencia das intensas choivas das últimas semanas, segundo trasladou a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, que engade que non houbo que lamentar danos ás persoas.

O Goberno galego, que prevé terminar os traballos de reconstrución nun prazo de tres meses, informou que, durante este tempo, a incidencia provocará a restrición do tráfico no ramal de incorporación á N-VI desde a Vía Ártabra, cuxos usuarios se verán obrigados a incorporarse en sentido Betanzos (A Coruña) ata o cambio de sentido en Espírito Santo, a uns 1,4 quilómetros.

Segundo a Xunta, os seus técnicos detectaran unha “deformación” no muro de sostemento executado nas inmediacións do establecemento comercial e que, por este motivo, habilitáronse balizas e sinalizacións para evitar que os vehículos “pasasen pegados a ese punto, co fin de ofrecer as máximas garantías de seguridade na circulación”.

CONCELLO DE OLEIROS

Pola súa banda, o Concello de Oleiros demandou explicacións á Xunta polo acontecido no que cualificou como “unha obra faraónica”, en alusión aos traballos de conexión entre a Vía Ártabra e a AP-9 que, segundo remarca nun comunicado, “non se chegou a marterializar”.

“É incrible que unha obra que se acaba de facer esborrállese desta forma. O de que na Vía Ártabra todo é malo, xa non vale, é peor aínda. O señor (Alfonso) Rueda vai ter que cambiar esta conselleira polo ben de Galicia”, manifestou o rexedor, Anxo García Seoane, en alusión á titular de Infraestruturas, Ethel Vázquez.

ÚLTIMAS

Só ás couzas quedan na Casa Cornide

Non queda nada na Casa Cornide. O edificio, aínda propiedade dos Franco, pero en...

Ferroglobe presenta un ERTE para todo o seu persoal de 113 traballadores en Arteixo ata final de 2027

Ferroglobe, única produtora de silicio en España, presentou un Expediente de Regulación Temporal de...

A licitación o servizo de axuda a domicilio do Concello da Coruña por 25 millóns de euros

A xunta de goberno local da Coruña deu luz verde á saída a licitación...

Traballadoras de Concentrix mobilizadas contra o ERE esixen alternativas á “destrución de emprego”

Traballadoras de Concentrix volvéronse a mobilizar este mércores contra un posible ERE na empresa...