InicioECONOMÍAA AEPD paraliza o proxecto Worldcoin, que estivo a captar datos a...

A AEPD paraliza o proxecto Worldcoin, que estivo a captar datos a través do iris no Marineda

Publicada o

Por europapress

Hai unhas semanas, a empresa Tools for Humanity Corporation instalaba no Centro Comercial Marineda unha cámara de captación de datos a través do iris. Unha difusa campaña de recollida e tratamento de datos persoais á que se lanzaban, sen demasiado coidado, ducias de mozos e mozas da cidade a cambio, supostamente, de criptomoedas.

Pois o proxecto queda paralizado, unha vez que a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) ordenou unha medida cautelar contra Tools for Humanity Corporation. A AEPD  sixe o cesamento de forma inmediata na recollida e tratamento de datos persoais e proceda a bloquear os xa recompilados.

Así o deu a coñecer este mércores a AEPD, que recibiu varias reclamacións contra esta empresa nas que se denuncian, entre outras cuestións, “unha información insuficiente, a captación de datos de menores ou que non se permite a retirada do consentimento”.

Neste sentido, o organismo que dirixe Mar España detallou que esta medida cautelar obedece a unha “decisión baseada en circunstancias excepcionais, na que resulta necesario e proporcionado adoptar medidas provisionais dirixidas ao cesamento inmediato dese tratamento de datos persoais, previr a súa posible cesión a terceiros e salvagardar do dereito fundamental á protección de datos persoais”.

A compañía Tools for Humanity Corporation ten o seu establecemento europeo en Alemaña. Esta actuación da Axencia realízase no marco do procedemento establecido no artigo 66.1 do RGPD que establece que, en circunstancias excepcionais, cando unha autoridade de control interesada –neste caso a AEPD– considere urxente intervir para protexer os dereitos e liberdades das persoas, poderá adoptar medidas provisionais con efectos xurídicos no seu territorio e cun período de validez que non poderá ser superior a tres meses.

A Axencia considera que a adopción de medidas urxentes de prohibición temporal das actividades “está xustificada para evitar danos potencialmente irreparables e que non tomalas privaría ás persoas da protección á que teñen dereito segundo o RGPD”.

ÚLTIMAS

Máis de 100 filmes independentes de 17 países forman o programa do Festival Intersección

O festival Internacional Intersección da Coruña presentou hoxe a programación completa da súa oitava...

As persoas con parállise cerebral de Aspace lanzan unha campaña contra o uso inaxeitado das prazas de Mobilidade Reducida

Mentres na Coruña a cidade celebra a Semana Europea da Mobilidade, por Sada, a...

O BNG esixe á Xunta “prazos reais” sobre a ampliación do CHUAC e anuncia iniciativas no Parlamento galego

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, esixiu á Xunta "prazos reais" sobre a ampliación do complexo...

A nova licitación do Master Plan da Fachada Marítima: un golpe ou unha oportunidade

Anunciábase onte que o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais vén de obrigar a...