InicioCULTURAO Patrimonio Modesto: Gran traxedia aérea en Oleiros no ano 1973

O Patrimonio Modesto: Gran traxedia aérea en Oleiros no ano 1973

Publicada o

Por Modesto García Quintáns

Pasaron máis de 50 anos deste tráxico accidente aéreo onde morreron todolospasaxeiros. A familia máis perxudicada nesta traxedia foi a de “Pais” de Buxantes. Moitos dos veciños desta parroquia aínda non naceran polo que ímoslles contar como foi.

O 13 de agosto de 1973 o avión Caravelle da compañía Aviaco que facía a ruta de Madrid a Coruña con 79 pasaxeiros e 6 tripulantes a bordo estrelouse a 3 km de Alvedromotivado por unha espesa néboa que cubría o aeroporto. Saiu de Madrid as 9.14 h. e aochegar a Coruña intentou aterrar por tres veces sen logralo. A última foi sobre as 11.38 h., descendeu demasiado e abaticou coas polas dun eucalipto batendo contra o chan a escasos metros do Pazo do Río, morrendo dolos pasaxeiros. Temos que recordar que as cartas de navegación nesas datas eran moi rudimentarias, carecendo de moitainformación sobre as rutas. Unha das familias máis perxudicadas deste accidente foi a familia Pais de Buxantes. O familiar Manuel Jesús Pais Ures, natural de Figueiroa de Buxantes, casado na LagarteiraEscabanas de Cee con Concepción García Rodeiro,emigraron a Venezuela e decidiron no ano 1973 formar dous grupos para vir pasar as festas da Xunqueira en Cee, pero esta ilusión quedou truncada por mor deste accidente. Este grupo formábano Concepción García Rodeiro, muller de Jesús, e as noras María Teresa Cofano, de 26 anos, acompañada dos seus fillos María Gabriela de 6 anos e Juan Carlos de 5 anos, e a outra nora, Joaquina Santamaría Túñez, acompañada dos seusfillos María Jesús de 6 anos, María del Carmen de 5 anos e Manuel Elías de 2 anos. Os corpos quedaron calcinados e un dos nenos foi recoñecido pola fibela metálica do cinto. Foi un accidente que conmocionou a toda comarca e os seus restos foron enterrados enfosas comúns no cemiterio de San Amaro da Coruña. Algúns destes corpos foronrescatados, is tarde, polos familiares das vítimas.                

O 13 de agosto do 2014 un familiar dos falecidos no sinistro construiu no cemiterio de San Amaro da Coruña, próximo ás fosas comúns, un monumento en recordo das 85 víctimas mortais cos seus nomes e apelidos gravados. Localízase nas coordenadas ETRS89, X= 549037; Y = 4802973. No caso da familia Pais, creo que existen algúnserros de escritura na lápida, quizá por falta de información, porque non están os nomescompletos das oito vítimas. Modesto-Garcia Quintans

  • Modesto García Quintáns.

ÚLTIMAS

As familias do CEIP Cidade Vella mobilízanse e chaman á Xunta e ao Concello por “unha escola segura e digna”

Este sábado 22 de novembro ás 12:00h, as familias do CEIP Cidade Vella sairán...

O PP lémbralle a PSOE e BNG que esqueceron regular os VTC na recén aprobada ordenanza de mobilidade

Foi no pleno de setembro cando se aprobaba, cos votos de PSOE e BNG,...

Expertos en aplicación da Intelixencia Artificial ao deporte participarán nun congreso na Coruña

A Coruña acollerá os días 21 e 22 de novembro o congreso 'Techsportnow' no...

Denuncian sobrecarga “desproporcionada” nos centros sanitarios da Coruña “en plena campaña vacunal”

O Sindicato de Enfermaría Satase denunciou o que cualifica como "grave situación" nos centros...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here