InicioCULTURAPoetas galegos e internacionais recitarán baixo a proxección de imaxes na cúpula...

Poetas galegos e internacionais recitarán baixo a proxección de imaxes na cúpula do planetario

Publicada o

Por europapress

Varios poetas de todo o mundo e galegos participarán nun recital que combina a poesía coa proxección de imaxes na cúpula do planetario da Coruña, na Casa das Ciencias, o vindeiro sábado e domingo, día 16 e día 17. O proxecto, que se titula ‘Urban travel machines‘, está financiado por ‘Europa Creativa’. Ofrece ao espectador a posibilidade de estimular a vista e o oído con dúas disciplinas que non se relacionan habitualmente e que, nesta ocasión, están pensadas para presentarse xuntas.

O sábado 16 recitarán o poeta belga Julie Lombe, o poeta lituano Marius Povilas e as poetas galegas Alba Cid, Yolanda Castaño e Silvia Pena. O domingo 17 será quenda do poeta grego Artemios Moulos, o surafricano Motswitla Hlakotsa e as galegas Estíbaliz Espinosa, Dores Tembrás e Antón Lopo. Ambas as sesións empezarán ás 20.00 horas e acabarán cunha interpretación poética interactiva co público do coordinador do proxecto, Philip Meersman.

As entradas para asistir sairán á venda o luns 11 de marzo ás 10.00 horas. Nesta ocasión, os poetas internacionais e as imaxes que os acompañan están baixo a xestión de Philip Meersman e a especialista audiovisual Janna Beck. A coordinación dos poetas galegos estivo en mans dunha das recitadoras: Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023. Así mesmo, as imaxes foron xeradas polo creador italiano Vito Foderà e polo director técnico da Casa das Ciencias, Marcos Pérez.

ÚLTIMAS

Detido na Coruña un dos pederastas “máis buscados” que atacou a un axente cun coitelo

A Policía Nacional detivo na Coruña a Daniel Vázquez Patiño, un pederasta incluído na...

50 anos da senlleira A.C. Alexandre Bóveda

A día de hoxe é a Asociación Cultural máis viva da Coruña, a que...

Moblizacións no Hospital Santa Teresa por represión sindical de Quirón Salud

Se os sanitarios da pública póñense en folga, na privada tampouco está calmada a...

Catro persoas detidas en Sada e Bergondo nun operativo contra o tráfico de drogas

Axentes da Garda Civil detiveron a catro persoas durante un operativo contra o tráfico...