InicioBARRIOSA reforma da rúa San Andrés durará un ano

A reforma da rúa San Andrés durará un ano

Publicada o

Por editor

Xa están en marcha as obras de reforma da rúa San Andrés, entre as rúas Juana de Vega e o cruzamento coa rúa Sol. Unha humanización, a medias, que suporá un investimento 3,2 millóns de euros, e que intenta “recuperar o formato orixinal de bulevar que tivo a vía nas súas orixes potenciando así o seu carácter como zona comercial”.

O detalle máis destacado polo concello e a incorporación de máis de 80 árbores, a moreira de Valdeorras que xa existía en San Andrés a finais do século XVIII”.

A reurbanización da rúa tamén suporá unha remodelación dos espazos destinados á circulación de vehículos. San Andrés pasará así a estar disposta en formato de plataforma única,  cun carril por cada sentido de circulación para o tráfico rodado, sen zonas de aparcamento, que serán substituídas por barreiras vexetais de 1,50 metros de ancho, que farán de elemento separador entre a calzada e as beirarrúas, que tamén se ampliarán e renovarán, con novas lousas de granito. Gañarán espazos para as zonas de carga e descarga.

Proxecto de reforma da rua san andres Coruna

O Concello tamén acometerá traballos para a conservación do fermoso exemplar de follas rosas de Cercis siliquastrum -coñecido comunmente como a árbore do amor- situado no cruzamento de San Andrés coa rúa Santa Catalina.

Primeira fase

Este luns arrincaron as obras, adxudicadas en decembro á UTE composta polas empresas Abeconsa e Canarga, e terán un prazo de execución de 12 meses e estarán divididas en fases específicas.

A primera fase activarase o vindeiro luns 11 de marzo e durará ata Semana Santa, no que se eliminarán xa os aparcamentos, mantendo aberto o tráfico.

A segunda fase, que se desenvolverá dende a volta de semana Santa e polo segundo semestre do ano, obrigará a cortar o tráfico (manteranse as liñas 3 e 7 en sentido San Agustín) desde Santa Catalina ata o cruzamento con Sol, que tamén será reformado. Aínda que as obras previstas obrigarán a desviar o transporte urbano,  durante esa fase das intervencións.

ÚLTIMAS

Residente únese ao boicot musical contra KKR e cancela o seu concerto no Morriña Fest

O rapero portorriqueño René Pérez Joglar, coñecido artisticamente como Residente, cancelou os seus dous...

Xustiza para Elisa Abruñedo: 28 anos de prisión para o seu asasino

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou a 28 anos de prisión...

Identificadas catro persoas tras unha pelexa ás portas dun karaoke

Catro persoas foron identificadas por participar nunha pelexa rexistrada na madrugada deste mércores ás...

Os locais de lecer nocturno reivindican na sala Pelícano o seu papel no sector cultural como espazos de creación artística

A Federación Nacional de Empresarios de Lecer e Espectáculos (España de Noche) e a Asociación de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here