InicioDEPORTESO Gipuzkoa baixa á terra ao Leyma Basquet Coruña

O Gipuzkoa baixa á terra ao Leyma Basquet Coruña

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Apenas 4 días despois da ilusionante vitoria ante Estudiantes que fixo elevarse nas alturas a toda a cidade co soño do ascenso, chegou ao Forno de Riazor (que xa non era tan forno como o pasado venres) para poñerlle os pés na terra a toda a parroquia laranxa.

O equipo vasco venceu por 67-84 e se coloca a dúas vitorias tendo recuperado o basketaveraxe, pero é que Estudiantes non fallou e xa está a só unha vitoria dos herculinos.

A chave estivo no acerto. O cadro visitante deixou tirar a uns coruñeses que están superando os 100 puntos por partido. E despois dos primeiros erros, despois “entrou a ansiedade” como recoñecía Diego Epifanio ao remate.

O cadro herculino chegou a poñerse 2 arriba, pero en dous ataques rápidos volveron marchar os visitantes e fixeron fenda. ”Sentímonos incómodos case todo o partido”, recoñeceu Epi, que lamentou as 8 perdas de balón na primeira.

Ademais de asumir a responsabilidade (“son un puto inútil e non fun capaz de facer gañar ao me equipo na casa”), deixou unha mensaxe clara: “Somos o Basquet Coruña, que ninguén se esqueza, para o bo e para o malo”.

Máis novas

O Basquet Coruña, máis preto do soño do ascenso á ACB tras varrer a todo un Estudiantes

 

ÚLTIMAS

O Salón do Cómic inaugura unha mostra sobre a Guerra Civil con adaptación de obras de Paul Preston

O Salón do Cómic Viñetas desde o Atlántico acolle desde este venres unha mostra...

O PSdeG reclama revisar o reparto da cota de sardiña

O secretario de Pesca do PSdeG provincial da Coruña, Walter Pardo, enviou unha carta...

A Batalla Naval lembrou a resistencia herculina ante o asedio ingles de 1589

Cheo ata a bandeira no paseo marítimo, e mesmo nas praias de Riazor, Orzán...

A Gaiteira rendeu homenaxe a Cañita Brava

Emotiva a homenaxe que as Festas da Gaiteira quixeron render este venres a Cañita...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here