InicioCULTURAFuxan os ventos expoñen xa os seus 50 anos de historia

Fuxan os ventos expoñen xa os seus 50 anos de historia

Publicada o

Por editor
A Sala de Exposicións Salvador de Madariaga, situada no edificio municipal de Durán Loriga, estreaba onte a mostra ‘Fuxan os ventos. 50 anos de historia’.
Unha exposición que permite realizar unha viaxe polo percorrido da formación musical. Fotografías, carteis, instrumentos, poemas, partituras e audios inéditos son algunhas das pezas a través das cales o público poderá mergullarse na cronoloxía e no universo creativo de Fuxan os Ventos, nunha mostra que, ademais, conta coas achegas de múltiples persoas e entidades culturais do país.
O proxecto expositivo idéase por un grupo de persoas entre os que se atopan varios membros de ‘Fuxan os Ventos’, a comisaria Sabela Fraga, a directora de arte Melania Freire e a coordinadora do proxecto Noa Díaz. Onte na presentación, tamén acomparon ao concelleiro Gonzalo Castro membros da banda como Carmen Vázquez, Antón Castro e Tereixa Novo.
A mostra é de acceso libre á cidadanía ata o 2 de xuño, en horario de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas.

ÚLTIMAS

Con permiso de la autoridad eclesiástica, premio á mellor cutrometraxe no Intersección da Coruña

Intersección, o Festival Internacional de Cine da Coruña, deu a coñecer o palmarés da...

O cirurxián Diego González Rivas, protagonista do cuarto podcast de Rueda

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo unha conversa co cirurxián coruñés Diego González...

Tres coches calcinados esta noite na Coruña, sen persoas feridas

Tres vehículos que estaban estacionados arderon na madrugada deste domingo na Coruña. Non houbo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here