InicioA CORUÑAA alcaldesa da Coruña acusa á Xunta de "torpedear" a súa petición...

A alcaldesa da Coruña acusa á Xunta de “torpedear” a súa petición de declarar tensionado o mercado do aluguer

Publicada o

Por europapress

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acusou á Xunta de “torpedear” a petición do goberno local para declarar a cidade mercado tensionado e fixar un tope ao prezo do aluguer en determinadas zonas, de acordo coa lei estatal de vivenda.

Fronte a iso, a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, instou ao consistorio a sacar chan público seguindo o modelo autonómico e insistiu en que á Administración galega correspóndelle facer cumprir a lei estatal.

“A Xunta di que ningunha cidade galega cumpre cos requisitos, non ten ningúna lóxica que primeiro esixan documentación para apoiar a solicitude e logo digan que non cumprimos”, aseverou a rexedora, en rolda de prensa, tras a Xunta de Goberno.

E é que para a socialista Inés Rey o que busca o Goberno galego é “torpedear” en lugar de dar “unha solución real” a un problema de vivenda. “Non comprendemos esa actitude”, asegurou mentres dixo, para xustificar a necesidade de declaración de mercado tensionado, que na Coruña en oito anos o prezo medio do aluguer “subiu un 56,6%”. “A Xunta fixo 40 vivendas en doce anos”, apostilou tamén.

Pola súa banda, a conselleira manifestou que a alcaldesa é “libre de declarar as zonas tensionadas, o que único que ten que facer a Xunta é que cumpra co mandato da lei estatal”.”Se ten dúbidas nós clarificámosllas”, aseverou nun acto sobre vivenda, en relación ás proxectadas no Ofimático, no Palacio de Congresos e Exposicións da Coruña.

Mentres, instou ao consistorio a facer “unha planificación a 20 anos” e con “un 20 por cento de vivendas públicas”, asegurou para incidir nas actuacións da Xunta nesta materia sacando a concurso adoito.

ÚLTIMAS

Última recta para a necesaria licitación do novo convenio da Planta de Nostián

Coa concesión caducada dende 2019, a Planta de Nostián segue operando agravando unha  problemática...

O profesorado conmemora unha marcha fúnebre polo ensino público na súa primeira xornada de folga

Con menos incidencia da que debería entre as familias (si que conta co apoio...

Localizan o corpo sen vida dun home de 66 anos que desapareceu cando pescaba na zona das Esclavas

O corpo sen vida dun home de 66 anos que desapareceu na Coruña cando...

(Vídeo) Retiran unha balea de 30 toneladas que apareceu morta na costa da Coruña

Efectivos participaron este martes nun operativo para a retirada do mar dunha balea de...