InicioMOV. SOCIAISAs dependentas de Inditex volverán ás rúas o 7 de abril

As dependentas de Inditex volverán ás rúas o 7 de abril

Publicada o

Por editor

As traballadoras das tendas de Inditex volverán ás rúas este domingo 7 de abril. As dependentas do grupo téxtil manifestaranse na Coruña para reclamar as melloras nas súas condicións laborais que quedaron pendentes na anterior negociación. A protesta, convocada pola CIG, sairá as 12 horas da Praza de Lugo e rematará na Porta Real, seguindo o mesmo itinerario que na manifestación do 6 de novembro de 2022 que marcou o inicio das históricas mobilizacións das dependentas de Inditex.

A decisión de volver ás rúas adoptouse tras a falta de avances na reunión celebrada este mércores coa compañía para abordar cuestións tanto de ámbito económico (cobro da antigüidade, prima de vinculación ou plus de sábado e tarde) como laboral (equiparación de condicións entre todas as cadeas, redución da xornada en función da idade, melloras sociais, etc.).

Antigüidade e melloras sociais

A CIG-Servizos subliña que unha das principais reivindicacións é a recuperación do cobro da antigüidade por cada cuadrienio, pero “Inditex négase en rotundo a negociar nada relacionado co pago da antigüidade”, sinalan.

Xunto a isto, as traballadoras demandan que se lles apliquen as melloras sociais que xa teñen recoñecidas os compañeiros e compañeiras doutras empresas do grupo tales como as axudas para gastos de gardería, as axudas para persoas con crianzas con necesidades especiais ou o estabelecemento do bono comida. Unhas melloras que xa ían na plataforma reivindicativa da CIG, pero que ficaron pendentes tras os acordos salariais alcanzados en 2022.

“Negociar aquí e non en Madrid”

Precisamente, aquela loita histórica forzou que Inditex (contra a súa pretensión de centralizar e afastar as relacións laborais) tivera que reabrir a mesa de negociación en Galiza para tratar estas cuestións. Pero as negociacións non avanzan a causa das insuficientes propostas presentadas pola compañía que, xusto despois de anunciar beneficios milmillonarios de récord e un incremento do 28% dos dividendos, pretende adiar calquera acordo até o ano 2025 en previsión de que no próximo exercicio os resultados económicos non sexan tan espectaculares.

ÚLTIMAS

Mobi-Liza e Recyclos manterán a súas actividades nas anteriores instalacións de Padre Rubinos

Fálase nos últimos tempos da posible rehabilitación dos antigos edificios da Real Institución Benéfico...

Descolgando os cadros franquistas do Pazo de María Pita

Non lles permitíu o Concello facelo no interior do Pazo. Pero a Comisión pola...

Unha limpeza da praia de Riazor polo ascenso do Dépor 

Unir fútbol e medioambiente é tan posible como o demostrou esta mañá de sábado...

O colectivo #Aquítaménsefala estoupa contra a indiferenza do Real Club Deportivo

Levan dous anos en clave positiva, mobilizando dende un centro de ensino público a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here