InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOCoidando o areal como a súa propia casa

Coidando o areal como a súa propia casa

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Continúa o colectivo Mar de Fábula desenvolvendo un proxecto de concienciación tremendamente singular. Vincular aos internos no Centro de Inserción Social (CIS) da Coruña na limpeza medioambiental para fomentar hábitos de vida saudable e xerar unha conciencia comunitaria, son os obxectivos do programa Entre Crebas. Vinculado co pioneiro Entre Patios, o programa que está cambiando a forma de traballar nos talleres ocupacionais dos centros penitenciarios de todo o estado, esta iniciativa convirte ás persoas privadas de liberdade en anxos da garda do seu propio areal.

Porque a praia das Lapas, o Areal da Torre, como se lle chamou toda a vida, está xusto diante do CIS, e é o lugar onde moitas veces pasan os días de “paseo” os propios internos. Manter limpo e coidado o seu areal como manter limpa e coidada a súa casa, a súa vida.

A quinta xornada de limpeza do proxecto tivo lugar o pasado mércores. “Nesta acción ambiental se ten dado un paso cualitativo importante, un apoderamento simbólico da praia por parte deste colectivo porque foron as propias persoas residentes, sen mediación externa, as que organizaron a limpeza, seguemento, clasificación por fraccións e cómputo dos residuos devoltos por ese anaco de mar que teñen xusto en fronte das súas instalacións”, explica Xosé Manuel Barros. “Este areal vai ficar durante un ano baixo o seu coidado”, relata orgulloso.

Prisioneiros do CIS limpando o areal das Lapas

O resultado da colleita foi preocupante, como tamén acontecía a pasada semana na praia de Barrañán, noutra limpeza organizada polo colectivo conservacionista. 39 cabichas, 71 restos de toalliñas húmidas e residuos hixiénico sanitarios, unha marea de restos de caucho- neumáticos de automóbil, anacos de cordas, redes e aparellos de pesca, anacos de azulexos cerámicos, bolsas de plástico e outro ixo plástico miúdo… Demasiado lixo acumulado no noso areal.

O material foi depositado nos respectivos containers situados no aparcadoiro da Torre de
Hércules, á espera da vindeira xornada de limpeza.

Máis novas do proxecto

Intern@s do CIS, salvadores crebeir@s do Areal da Torre

As mesas feitas en Teixeiro humanizan os patios escolares

O Voluntariado de Mar de Fábula deixou un pouco máis limpo o areal de Barrañán

 

ÚLTIMAS

O centro da Coruña, totalmente limpo, mentres que Os Rosales-Labañou a recollida é do 5%

O lixo acumulado nas rúas da Coruña diminúe nunha nova xornada con colectores incendiados en...

Xa temos cartel do Festival Noroeste 2024

Este venres preséntase o programa completo da 37ª edición do Festival Noroeste. Como sempre,...

Así está a porcentaxe de limpeza do teu barrio

A Comisión de Seguimiento da emerxencia sanitaria composta fixo onte balance estado actual da...

A empresa Valoriza xa comeza a realizar a recollida do lixo

O Concello contrataba na tarde de onte á empresa Valoriza a recollida de lixo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here