InicioA CORUÑAO Grupo Peculiar toma tamén o colectivo Coruña Cociña

O Grupo Peculiar toma tamén o colectivo Coruña Cociña

Publicada o

Por editor

Álvaro Victoriano vén de ser escollido como novo presidente do colectivo Coruña Coruña. O grupo de cociñeiros e cociñeiras máis influínte da cidade despedía a Javier Freijeiro despois de tres anos “de magnífica xestión”, e sitúa ao chef e propietario do Grupo Peculiar como voceiro dunha directiva na que tamén estarán comom vicepresidente Antonio Amenedo (Pazo de Santa Cruz de Mondoi), como tesoureiro Caco Agrasar (As Garzas e Salitre), como secretario Moncho Méndez (Millo), e como vogais Quique Vázquez Lameiro (Terreo) e Chisco Jiménez de Llano (Culuca, Taberna de Tabacalera e Taberna da Galera), responsable ademais da área de márketin.

Aínda que madrileño, despois de 12 anos na Coruña, Victoriano é “coruñés coma calquera”, e un dos principais referentes da cociña coruñesa actual á fronte dos restaurantes Peculiar, Intenso, Charlatán e Ultramarinos Galera. Asume o cargo “como un gran reto”, recoñecendo o “alto nivel gastronómico” da nosa cidade, o que permite poder “posicionarnos na cima do sector, sobre todo nun momento no que hai moitos compañeiros que desenvolven grandes proxectos en diferentes lugares de España”, indica.

Coruña Cociña, con este equipo renovado á fronte, traballará nos obxectivos de “seguir implicando ás institucións na confianza e promoción do sector gastronómico como un valioso recurso económico e turístico; abrir novos camiños interesantes e fundamentais para o sector na provincia como a sustentabilidade e o aproveitamento dos recursos; así como propoñer accións que poñan en valor o pequeno produtor “con nome propio”, e o produto local”.

Novas citas

Actualmente Coruña Cociña xa está inmersa na súa presenza no Fórum Gastronómico de Galicia, que se celebra do 7 ao 9 de abril en EXPOcoruña. En Cook Trend -espazo reservado á cociña atlántica- os cociñeiros da asociación presentarán de domingo a martes unha oferta gastronómica representativa da cociña made in A Coruña; tal e como farán nos seus postos os compañeiros dos restantes grupos de cociña galega.

Por outra banda, o martes 9 de abril, Coruña Cociña, xunto co Grupo Nove, Cociñeiros Lugo, Vigo Gastronomic e Cociña Ourense, acollerán unha mesa redonda na que exporán cuestións que afectan á situación do sector, e que posteriormente farán ler un manifesto conxunto pola profesión.

Ademais, as II Xornadas Bonito da Lonxa da Coruña, organizadas por Coruña Cociña, coa colaboración de Turismo da Coruña e Estrella Galicia, este verán regresarán á cidade para ofrecer propostas elaboradas en case vinte restaurantes. fermoso para destacar estes produtos de tempada e dar visibilidade á muralla coruñesa.

#CoruñaCociña

O colectivo nace en 2016 e que agrupa a 20 dos cociñeiros con maior proxección no mapa culinario da provincia da Coruña. “Colectiva e individualmente, estes profesionais traballan cun enfoque transversal e colaborativo, para poñer en valor o produto galego e local, promocionar a cociña atlántica e promocionar A Coruña e a súa contorna como destino gastronómico, tanto arraigado na tradición como orientado á vangarda sen complexos”.

Os 20 cociñeir@s que forman o colectivo son:

  • Adrián Felipez: Miga (A Coruña);
  • Alma García: Greca (A Coruña);
  • Álvaro Victoriano: Charlatán, Intenso, Peculiar y Ultramarinos Galera (A Coruña);
  • Ángeles Marzoa: Vinoteca Jaleo (A Coruña);
  • Antonio Amenedo: Pazo de Santa Cruz de Mondoi (Santa Cruz de Mondoi, Oza dos Ríos);
  • Caco Agrasar: As Garzas (Barizo, Malpica) e Salitre (A Coruña);
  • Chisco Jiménez de Llano: Culuca, Taberna da Galera e Taberna da Tabacalera (A Coruña);
  • Diego Bello;
  • Fabián Mouzo: Pazo de Vilaboa (Vilaboa, A Coruña);
  • Gorka Rodríguez: Pulpeira de Melide (A Coruña);
  • Iván Domínguez: Nado (A Coruña) e Xeito 19’20” (Madrid);
  • Javier Freijeiro e Moncho Bargo: Pracer (A Coruña);
  • Moncho Méndez: Millo (A Coruña);
  • Pablo Gallego: Pablo Gallego Restaurante (A Coruña);
  • Pablo Morales: Habaziro (A Coruña);
  • Quique Vázquez Lameiro: Terreo (A Coruña);
  • Tino Otero;
  • Víctor Basante e Víctor Rubio: Cícero Restaurante (A Coruña).

ÚLTIMAS

Detido un home en Cambre por acoso sexual e ameazas con arma branca

A Garda Civil de Cambre detivo a un home, de 68 anos, residente na Coruña como...

A “anormal” a situación que se dá en Galicia con respecto ao galego

A Biblioteca provincial da Coruña acolleu este venres a xornada 'Lingua con dereito. Dereito...

A borrasca Bert deixa fortes ventos e choivas en Galicia este domingo

A borrasca Bert porá este domingo a 12 comunidades en aviso por vento e...

A Comisión da Memoria Histórica pide á Xunta contundencia aos Franco pola apertura da Casa Cornide

AA Comisión pola Recuperación dá Memoria Histórica da Coruña (CRMHC) denunciaron a "permisividade e pasividade"...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here