InicioBARRIOSAs prazas da nova edición do Durme no Fórum decidirase por sorteo

As prazas da nova edición do Durme no Fórum decidirase por sorteo

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Xa hai data para a edición número 19 de Durme no Fórum. A noite do sábado 4 e o domingo 5 de maio será moi especial no Fórum Metropolitano, pois falamos dunha das actividades máis demandadas da veciñanza, que permite que 180 nenos e nenas de 6 a 11 anos de idade, pasen unha noite enteira fóra de casa chea de actividades.

De feito, despois de moitas protestas, este ano a listaxe de admitidos será por sorteo, non como nos últimos anos nos que era por orde de inscrición, e cuias prazas voaban en minutos.

Así, o proceso de inscrición estará aberto dende este xoves 4 de abril ás 09.00 e ata o venres 5 de abril ás 20.00 horas. A listaxe de prazas adxudicadas estará dispoñible na páxina web municipal o vindeiro venres 12 de abril ás 10.00 horas. Enviarase, ademais, un correo electrónico ás persoas con praza asignada, que terán ata o 15 de abril (antes das 10.00 horas) para aboar o importe da cota.
A cota de inscrición será de 25 euros por participante, e inclúe a cea do sábado, o almorzo
do domingo e os materiais para as actividades.

‘Misión Fórum: Rescate Imposible’.

Se o ano pasado a temática foi sobre Alicia no País das Marabillas (outros foi sobre Star Wars, por exemplo), este ano a actividade levará por título ‘Misión Fórum: Rescate Imposible’. Os nenos e nenas participantes vivirán unha noite chea de sorpresas, xogos e retos na que poderán explorar todos os recunchos do Fórum Metropolitano e completar misións propostas polo persoal educador que os acompañará.

 

ÚLTIMAS

Os médicos da Atención Primaria renovan a folga da sanidade pública ante a falta de diálogo da Xunta

Levan un mes esperando despois da nova convocatoria de folga. Pero a falta de...

As ANPAs da Coruña uniranse o 28 de febreiro nunha manifestación común

Son numerosas as diferentes comunidades escolares que levan todo o curso mobilizándose pola falta...

O BNG esixe a convocatoria do Padroado da Fundación Luís Seoane para abrir o novo concurso

Xa pasaron máis de dous meses dende que un Padroado de mínimos acordase a convocatoria...

Inés Rey carga contra a Xunta polo estado dos colexios: “Os nenos móllanse porque non exercen as súas competencias”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, elevou este luns o ton contra a Xunta...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here