Máis dun ano de loita e parece que vai dando os seus froitos. Así o entende o colectivo dos Parques de Bombeiros da provincia, que vén como o Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña acaba de propoñer (a falta da aprobación no pleno do 26 de abril) o paso a persoal laboral fixo de 174 prazas subrogadas desde o 1 de xaneiro de 2020 das empresas que prestaban o servizo.
Falamos dunha das peticións fundamentais que levaron aos Bombeiros de todo o país a protagonizar as concentracións laborais máis tnesas que se recordan. Con todo, o día 11 aínda haberá nova reunión e quedan sobre a mesa outras reivindicacións, como a mellora do material de traballo, ou a Relación de Postos de Traballo.
Con todo, os 174 traballadores dos 9 parques da provincia (Carballo, Arteixo, Betanzos, Ordes, Arzúa, Boiro e Ribeira abertos en 2004; ou os de As Pontes, Santa Comba e Cee, abertos varios anos máis tarde), despois de década de traballo, vén unha luz tras moitos meses de batalla.
Será este o primeiro acordo deste tipo acadado no eido autonómico, procedendo en vindeiras datas a aprobar os convenios en Lugo, Pontevedra e Ourense.
A mesa de negociación estivo integrada polo deputado provincial, José Ramón Rioboo Castro, o subdirector Xeral de Seguridade e Coordinación da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, Andrés Iglesias López, o xerente do Consorcio, José Luís Barca Añón, e as asesoras xurídicas da entidade Graciela Riveiro e María Luisa Pena, así como agrupacións sindicais representativas dos traballadores e traballadoras.
Na reunión, mantida nas instalacións do Consorcio en Carballo, acordouse entre a entidade provincial e a parte sindical a incorporación destes 174 profesionais como persoal laboral fixo do Consorcio, así como o recoñecemento da antigüidade dos traballadores e traballadoras.
A formalización da aprobación definitiva terá lugar na vindeira sesión plenaria do Consorcio, programada para o vindeiro 26 de abril.
Máis info
Bombeiros e administración achegan posturas para asinar un acordo provisional
Máis de 300 Bombeiros maniféstanse na Coruña ante unha enorme despregadura policial