InicioBARRIOSA mikvé da Casa da Sinagoga, unha das catro coñecidas en toda...

A mikvé da Casa da Sinagoga, unha das catro coñecidas en toda España

Publicada o

Por editor

Continúa o traballo para rescatar a historia da antiga mikvé atopada na Casa da Sinagoga,  no edificio da rúa Sinagoga nº4.

O Concello da Coruña, despois da adquisición do edificio, está a realizar diversas intervencións arqueolóxicas da man de Fran Alonso Toucido, arqueólogo encargado dos traballos da campaña; Marco Antonio Rivas, arqueólogo municipal. Hoxe realizaraban unha visita municipal coa arquitecta municipal Ana Debén, na que recollían datos de interese sobre o lugar.

Segundo os primeiros informes, todo apunta a que o baño de Sinagoga é unha antiga mikvé, e podería formar parte dunha antiga sinagoga.
Na última campaña de sondaxe e investigación do inmoble, o equipo arqueolóxico realizou un estudo da mampostería, con catro catas para extraer mostras de morteiro que serán sometidas a datación por termoluminiscencia. “Os resultados non estarán antes de 9 meses, é dicir, a comezos do próximo ano” sinalou a alcaldesa.

Na fase anterior, o equipo da intervención atopou un resto no pavimento dunha estancia contigua ao baño xudeu, unha espiña de bacallau que foi enviada para a súa datación por carbono-14, que confirma que, cun 80,9% de probabilidade, se trata dun resto cunha cronoloxía comprendida entre mediados do século XV ou principios do XVI, entre os anos 1432-1520, e nun 68,2% que sexa entre 1442 e 1490.

Este resultado indicaría que é moi probable que este espazo estivese en uso con anterioridade á expulsión dos xudeus, producida no 1492. “O achado reforza a tese de que se trata dunha mikvé, o que suporía que no edificio estaría unha das únicas catro coñecidas no conxunto de España”, explicou a rexedora.

O proxecto de rehabilitación do edificio, en redacción

A alcaldesa avanzou que o Concello prevé a rehabilitación do edificio da Cidade Vella seguindo na liña de conservación e protección iniciada no pasado mandato. “Continuamos dando pasos no estudo e investigación para coñecer todo sobre o inmoble e conservalo como un dos tesouros do patrimonio da cidade”, sinalou.

Máis novas

 

Adquisición da ‘casa da Sinagoga’ por parte do Concello

ÚLTIMAS

Os sindicatos do metal da Coruña aceptan unha mediación exposta polos empresarios á Xunta

Novidades hoxe arredor do conflito sobre a negociación do convenio do sector do metal...

Inés Rey reivindica “o mandato do diálogo e a amabilidade” á fronte da cidade da Coruña

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou a xestión do goberno socialista nos seus...

Sindicatos reclaman na Coruña medidas para garantir o futuro da Seguridade Social

Representantes de UGT, CSIF, CCOO e CIG concentráronse este mércores ante a Dirección Provincial...

A Xustiza dá a razón ao Concello sobre o Cárcere Vello

Boas novas para a cidade da Coruña. A Audiencia Provincial vén de anular o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here