InicioMOV. SOCIAISMohamed Safa analiza este luns na ACAB o xenocidio do pobo palestino

Mohamed Safa analiza este luns na ACAB o xenocidio do pobo palestino

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Continúa demostrando unha preocupación especial a sociedade coruñesa pola situación do pobo palestino. Se a xente xa conta os días para a chegada, o vindeiro 15 de abril da afamada poeta palestina Rafeeh Ziadah, o pasado 31 de marzo, eran moitas as persoas que ateigaban o salón da A.C. Alexandre Bóveda para escoitar a Fayez Badawi.

Fayez Badawi na Asoc. Cul Alexandre Boveda
Charla de Fayez Badawi na ACAB 

A actividade da entidade no marco do ciclo Palestiona Libre continúa este luns 8 de abril, ás 19:00h, cando o salón sito no primeiro piso do Circo de Artesáns, acolla o encontro co activista Mohamed Safa.

Un evento que conta coa colaboración do Xornal da Coruña (Safa será presentado por Ubaldo Cerqueiro, cofundador deste diario), ademais dos grupos BDS GALIZA, SUGxPalestina, e o grupo de igualdade da Facultade de Ciencias da Educación da UDC.

Mohamed Safa Coruna Alexandre Boveda

O activista e oftalmólgo palestino afincado en Corcubión e Cee dende hai máis de 30 anos, fará unha precisa contexualización global do conflito que sofre o pobo palestino, deixando claro que outubro non é a data inicial desta escalada de violencia, pois son xa 7 as décadas pelexando contra a ocupación colonial por parte do estado sionista de Israel.

O autor de varios libros como “La segunda nakba palestina: El proceso de paz” (Ed. Utopía, 2023), “La revolución árabe. Democracia, nacionalismo y religión” (Hoja de Lata, 2017) ou “Palestina, grito por la libertad” (Do Castro, 2003), fará unha análise en clave actual, debullando as claves, as causas e as consecuencias do xenocidio que sofre a día de hoxe o seu pobo.

Durante a palestra, Safa analizará varais cuestións, centrando o tiro a cuestión democrática e a falacia na que vive o estado sionista israelí; o colonialismo e a falta de empatía de occidente, ou mesmo a relación da extrema dereita israelí e a extrema dereita española e europea.

Máis novas

ÚLTIMAS

Os camións das obras do tren ao porto exterior deixan de pasar por Suevos ao desviarse pola autovía AC-15

Os vehículos pesados que participan nas obras da conexión ferroviaria do porto exterior de...

Incidentes puntuais e unha quedada frustrada de ultras antes do Dépor-Atlético

O partido da Copa do Rei entre o clube coruñés do Deportivo e o...

O PSdeG esixe “condicións dignas” na liña de bus A Coruña-Ferrol tras quedar usuarios “tirados” nas estacións

O PSdeG reclamará no Parlamento de Galicia "condicións dignas" para a liña de autobús...

O PP acusa a PSOE e BNG de “paralizar sen motivo” a construción de 400 vivendas nas Percebeiras

O portavoz do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, acusou a PSOE e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here