InicioMOV. SOCIAISA aclamada poeta palestina Rafeef Ziadah actuará no Paraninfo

A aclamada poeta palestina Rafeef Ziadah actuará no Paraninfo

Publicada o

Por editor

Continúa a cidade da Coruña inmersa en coñecer de preto a realidade de Palestina. Por unha banda, a A.C. Alexandre organizaba o pasado 31 de marzo a primeira das charlas arredor, cunha gran asistencia á charla de Fayez Badawi. Unha serie que continúa o vindeiro luns 8 de abril cunha conferencia de Mohamed Safa, nun evento que conta coa colaboración do Xornal da Coruña.

Fayez Badawi na Asoc. Cul Alexandre Boveda
Fayez Badawi na Asoc. Cul Alexandre Boveda

Pero a parte máis comprometida da cidade xa pon data para outra cita importante, xa que Rafeeh Ziadah, unha das poetas palestinas máis coñecidas a nivel mundial, pasará pola Coruña o próximo 15 de abril cun recital no que a poesía irá acompañada pola música en directo de Phil Monsour.

Rafeef Ziadah é coñecida e recoñecida polas súas performances e pola viralidade das súas propostas. Poemas como “We teach life” (“Nós ensinamos vida”) deron a volta ao mundo poñendo sobre a mesa os efectos do xenocidio sobre o pobo palestino.

O seu último álbum “Three Generations” (“Tres xeracións”), invita a unha conmovedora viaxe a través de Palestina e o Mar mediterráneo, seguindo a estela do seu segundo traballo, “We teach life”, no que a forza da palabra de Rafeef Ziadah únese á música orixinal, xerando un forte impacto no público cos seus recitais.

A entrada é de balde ata completar aforo.

Un evento organizado por Pallasos en Rebeldía e o Grupo de Traballo de Igualdade de Xénero da facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, e a colaboración da Deputación, o Galiza por Palestina, a AC Alexandre Bóveda, BDS Galiza e Sugxpal.

Máis novas

A AC Alexandre Bóveda afonda sobre a realidade Palestina

A Gala por Palestina: A risa bate coa barbarie

ÚLTIMAS

A Xunta insta a Adif a axilizar a revisión da acta de entrega das obras da intermodal da Coruña

A Xunta instou a Adif a axilizar a revisión e formalización da acta de...

A praza de Tabacos acolle o groso da Semana Europea da Mobilidade

Xa botamos un ollo ás interesantes charlas que Mobi-Liza organiza mo MUNCYT sobre outras...

O EcoRallye, a exame

Xa está en marcha a 10ª edición do Repsol EcoRallye A Coruña, que se...

Meses sen soldo, sen traballo e sen paro: a situación límite de seis traballadoras da escola infantil O Berce en Arteixo

As traballadoras da escola infantil O Berce, no concello coruñés de Arteixo, concentráronse este...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here