InicioSOCIEDADEO artista coruñés que pintou a tumba de Franco encérrase nun escaparate

O artista coruñés que pintou a tumba de Franco encérrase nun escaparate

Publicada o

Por Amanda Ferpe

O artista coruñés Enrique Tenreiro, que pintou en outubro de 2018 unha pomba na tumba do ditador Francisco Franco no Val dos Caídos, iniciou este mércores un peche nun escaparate dunha galería da cidade da Coruña pola “demora” na resolución do Tribunal do Supremo sobre o seu caso.

Así o expuxo, en declaracións aos xornalistas, con motivo dun peche que o propietario da galería, Camilo Chas, situou nunha “performance artística”, que periodicamente se fará no establecemento, e que o escultor enmarcou tamén nunha acción de protesta.

Faino, expuxo, para pór de manifesto a tardanza, ao seu xuízo, na resolución do Tribunal Supremo sobre o seu caso, despois de ser absolto dos delitos contra a liberdade de conciencia e de actos de profanación e danos en 2022. “A base do xuízo foi a hora da pintada”, lembrou tras precisar que o testemuño dun garda civil acreditou que “non interrompín a misa”. A pesar da súa absolución, presentouse recurso no Supremo, do que agora está á espera do seu fallo.

“Son case dous anos, pensas se se están tomando o seu tempo para dar a volta á sentenza, se me teñen que condenar prefiro que sexa agora, se cadra cun goberno posterior non habería minima posibilidade”, dixo no caso de que non se confirme a absolución e de que tivese que pedir o indulto.

REIVINDICAR A “LIBERDADE”

Enrique Tenreiro, que insistiu en que o seu obxectivo cando pintou a tumba de Franco foi reivindicar a “liberdade”, asegurou que a súa intención é estar tres días, en liña co exposto polo galerista que sinalou que “en principio” será ata o venres o peche.

Farao nun escaparate de tres metros cadrados, no que simulou unha habitación cunha pequena planta e unha televisión, unha mesilla, un váter químico e outros elementos como unha manta, ademais de libros.

Todo nunha performance que busca tamén evidenciar “que a xustiza é un servizo máis”. “Por que os españois temos que esperar a que o Supremo tarde anos”, sinalou. “Non podo estar tranquilo ata que ratifique a miña absolución”, apostilou Tenreiro, que vestirá un mono laranxa como “un preso en Estados Unidos” durante o seu peche.

Pola súa banda, Camilo Chas, explicou que no escaparate poderanse deixar comentarios, sen censura, e que haberá un foro no que a xente decidirá o venres que comida comerá o artista. O xoves convocaranse citas a través dunha rede social.

ÚLTIMAS

Que pasa cas medidas anunciadas polo Sergas para garantir a seguridade dos sanitarios?

A Xunta de Persoal da área sanitaria de A Coruña e Cee volve á...

A modificación da ordenanza de lixo, a exposición pública

Novo proxecto participativo o que abre o Concello da Coruña, o cuarto en apenas...

A Asociación de Profesionais da Xestión Cultural critica que a reurbanización dos Cantóns afecta á zona de carga do Teatro Colón

Xa o denunciaba o BNG esta semana, despois do comezo das obras de reurbanización...

A Torre de Hércules apagará as súas luces este sábado pola Hora do Planeta

A Torre de Hércules, o Parlamento de Galicia, a ponte romana de Ourense e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here