InicioMOV. SOCIAISA unidade móbil quirúrxica da Fundación Diego González Rivas, única no mundo,...

A unidade móbil quirúrxica da Fundación Diego González Rivas, única no mundo, xa é unha realidade

Publicada o

Por editor

Era un soño hai apenas un ano cando a Fundación Diego González Rivas presentaba o proxecto. Pero a entidade do ciruxano herculino xa pode dicir que é unha realidade: A Unidade Mobil quirúrxica está en marcha, permitirá levar a revolucionaria tecnoloxía da cirurxía minimamente invasiva por todo o mundo.

Así daba conta no programa El Hormiguero, onde anunciaba a posta en marcha deste proxecto innovador equipado coa última tecnoloxía, que marca un fito na medicina moderna. Este vehículo revolucionario está deseñado para levar a cirurxía minimamente invasiva, mediante incisións de só dous centímetros, ata os recunchos máis remotos do planeta. A técnica do cirurxián coruñés, o Uniportal VATS.

Rivas, que xa ten viaxado por todo o mundo facendo estas intervencións, era consicente de que a gran problemática era a falta de recursos nos hospitais de países en desenvolvemento.. E de aí nace esta unidade co capacidade funcionar de forma autónoma con enerxía solar durante 30 horas continuas, integrando tecnoloxía de punta e equipamentos cirúrxicos equiparables aos mellores hospitais de España o mundo, e poder “dispoñer desta tecnoloxía para poder ofrecer ás persoas máis desfavorecidas dos países en vías de desenvolvemento as mesmas garantías de cirurxía minimamente invasiva que terían se fosen operadas nun país desenvolvido.

“O que creamos cambiará o panorama da atención sanitaria global”, dixo o doutor, pois “esta unidade móbil permite realizar cirurxías moi complexas en calquera lugar, garantindo que a distancia ou a falta de infraestruturas non limiten o acceso a tratamentos que salvan vidas”.

Unidade Mobil da Fundacion Diego Gonzalez Rivas

Malia ser un proxecto con claras raíces coruñesas, a Unidade Móbil, foi fabricada integramente en Zaragoza. E sen tempo a descansar parte este venres cara a África, co seu primeiro destino Ghana onde se realizarán as primeiras operacións. O médico estará acompañado do seu equipo habitual de enfermeiras e anestesistas que o acompañarán nesta misión de achegar servizos cirúrxicos avanzados a comunidades antes inalcanzables.

Máis novas

A Fundación Diego González Rivas leva a cirurxía minimamente invasiva a Serra Leoa e Liberia

Levando, dende Coruña ao mundo, a ciruxía minimamente invasiva

ÚLTIMAS

A alcaldesa da Coruña disposta a falar co PP tras o veto do BNG ao plan urbanístico das Xubias

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, apuntou á "inmensa capacidade de diálogo" do goberno...

Cionco millóns para o sistema de seguridade e acceso a Punta Langosteira

A Autoridade Portuaria da Coruña licitou o sistema de control, mando e sinalización do acceso...

#Conectacoavida, a nova campaña de Prevención do Suicidio de FEAFES

O 10 de setembro conmemórase o Día Mundial para a Prevención do Suicidio,  un...

Actividades extraescolares para máis de 5.000 nenos e nenas programadas polo Concello da Coruña e ANPAs

Uns 5.200 nenos e nenas da Coruña participarán este curso en actividades extraescolare smunicipales,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here