InicioDEPORTESMera, capital mundial do Paddle Surf

Mera, capital mundial do Paddle Surf

Publicada o

Por editor

Xa está en marcha a V edición do Mera Sup Festival, que terá lugar na primeira fin de semana de maio. Unha cita consolidada no circuito nacional que fusiona no areal oleirense deporte, mar, música e gastronomía para ofrecer un experiencia inesquecible para todos os asistentes.

Durante o festival poderase gozar das competicións internacionais de Stand Up Paddle: o Campionato de España e Galego de Praia, que consiste en completar un circuíto entre ondas que porá a proba a técnica, destreza e resistencia dos pilotos, e que contará coa participación de deportistas de Hawai, Dinamarca, Sudáfrica, Xapón, Inglaterra, Francia, Portugal, Italia….
Tamén se disputará o Campionato de España de Sprint Marítimo, co distancias máis curtas. E por último, o Campionato de España de Prone, atraendo aos mellores deportistas de cada modalidade para ofrecer un espectáculo deportivo de primeiro nivel, tanto para os pilotos e o público.

Mera Surf Festival chicas ondas

Música e moito máis

Ademais das apaixonantes competicións, SupMera ofrecerá, dende o venres e ata o domingo, unha gran variedade de actividades para todos os gustos, como música en directo a cargo de DJs e bandas como Samba dos Amigos, Anuncia ou Juego Sucio, deporte adaptado liderado por Enki, obradoiros de manualidades, xornadas de limpeza de praias e recollida de residuos con WeSustainability, rutas e saídas de paddle surf, e clínicas e sesións para quen desexen perfeccionar as súas habilidades neste deporte acuático.

Un dos pratos fortes do evento será a presenza de deportistas de recoñecido prestixio como Connor Baxter ou Guillermo Carracedo. Connor, de Hawai, cun balance de 10 vitorias no Campionato do Mundo e Carracedo, xa coñecido na provincia (é natural de Louro, Muros) é Campión de Europa de Sup Surf, compartirán as súas experiencias, consellos e habilidades, inspirando novos talentos e afeccionados ao sup.

ÚLTIMAS

A salsa de Marc Anthony conquista A Coruña nunha noite para a lembranza

Foron moitas as persoas que se agolparon dende ben cedo ás portas do Peirao...

O Seprona intercepta unha furgoneta con 429 quilos de lagostinos sen documentación

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil interceptou unha furgoneta procedente...

A bordo da memoria: o Elcano rende tributo á travesía esquecida de 1525 desde A Coruña ás illas Molucas

A saída de Ferrol do buque escola Juan Sebastián de Elcano, prevista para este...

Incendio nunha vivenda na rúa das Camelias da Coruña

Un total de tres persoas foron trasladadas en ambulancia ao CHUAC tras rexistrarse un...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here