InicioA CORUÑAA delegada da Xunta na Coruña apela a un "acordo amplo" sobre...

A delegada da Xunta na Coruña apela a un “acordo amplo” sobre o futuro dos peiraos coruñeses

Publicada o

Por europapress

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, apelou a un “acordo amplo” sobre o futuro dos peiraos coruñeses, no seu primeiro encontro institucional, á fronte da Delegación Territorial, co presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández Prado.

Na reunión, abordaron os retos que afrontan ambas as administracións de face ao futuro, entre o que destaca a definición da futura fachada marítima da Coruña. A delegada referiuse tamén á importancia do porto coruñés para a cidade herculina e para Galicia e a necesidade de seguir potenciando esta infraestrutura.

Outro dos temas abordados foi “a importancia do sector pesqueiro e os retos de futuro que afrontan como un de lso principais motores económicos da cidade”, sinala a Delegación da Xunta.

ÚLTIMAS

A Coruña prorrogará os orzamentos de 2027 tras quedar o goberno de Inés Rey sen apoios

O goberno local da Coruña, liderado pola socialista Inés Rey, prorrogará os orzamentos para...

Aberta na Biblioteca da Sagrada Familia o novo espazo de creación e participación “A Eira”

Quedou aberto onxe "A Eira", o novo espazo de creación e participación cidadá integrado...

A Coruña recibe as cinco propostas finalistas para definir o futuro dos seus espazos portuarios

O proceso para definir a transformación dos espazos portuarios da Coruña entrou nunha nova...

Tres detidos e dous investigados por un apuñalamento nun bar de Arteixo

A Garda Civil e a Policía Local de Arteixo detiveron a tres persoas e...