InicioDEPORTESHC Coruña, Liceo, Dominicos e Compañía de María demostran o poderío do...

HC Coruña, Liceo, Dominicos e Compañía de María demostran o poderío do hockey coruñés

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Está de doce o hockey herculino. Sobre todo trala histórica final four da Champions feminina que acollía esta fin de semana o pavillón de Riazor. O HC Coruña confirmaba a súa presenza entre as 4 mellores do continente e tiña que ser unha herculina, María Sanjurjo, a que eliminase ás coruñesas nas semis.
Con todo, o cadro coruñés confirma que vai ser unha referencia a nivel mundial na súa primeira temporada despois de saír do amparo do Liceo, e malia os problemas para conseguir fondos, vén de demostrar que seguirá levando o nome da cidade no máis alto do hocley estatal.

Por otura banda, confirmaba o Liceo, a falta dunha xornada para o remate da Parlem OK Liga, que disputará o playoff polo título como terceiro clasificado, despois de vencer 1-4, en Alcoi e aproveitar os tropezos de Voltregá e Reus. Non está a ser a mellor tempara do equipo de Juan Copa, que chegan ao treito final da temporada con 20 puntos que o poderoso Barcelona (só perdeu dous partidos no que vai de Liga, unha en Riazor), pero en playoff nunca se sabe o que pode facer.

Mentres, na OK Plata o Dominicos certificou a súa permanencia, mentres se confirman o descenso de Ordes e Escola Lubiáns de Carballo.

Así, o Dominicos competirá na segunda máxima categoría do hockey estatal xunto co Compañía de María, que celebrou este domingo o seu título da OK Bronce.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by CDM Hockey (@cdm_hockey)

Máis novas

O deporte feminino coruñés esperta do soño ante a falta de apoios

 

HC Coruña, CRAT, OAR e Volei Zalaeta alimentan o soño do deporte herculino

ÚLTIMAS

Mostra de forza na Coruña no primeiro día de folga do metal

Potentes imaxes das manifestacións desenvoltas onte co gallo do primeiro día (dos tres convocados)...

CIG-Servizos denuncia o bloqueo do convenio da hostalaría na Coruña e chama á mobilización

CIG-Servizos denunciou a "falta de avances" e "o bloqueo" na negociación do convenio colectivo...

30 anos da Gala do CIFP Imaxe e Son para esixir un #teatronaeisxa

Así está dende hai dous anos o auditorio do CIFP Imaxe e Son de...

Inés Rey vende en Anveres (Bélxica) o modelo de cidade-porto da urbe herculina

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, participou este mércores en Anveres (Bélxica) na reunión...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here