InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOO Concello da Coruña pon en marcha un tratamento preventivo en palmeiras...

O Concello da Coruña pon en marcha un tratamento preventivo en palmeiras para facer fronte ao picudo vermello

Publicada o

Por europapress

Unha sangría está a provocar a praga do picudo vermello. Ducias de palmeiras están sendo cortadas pola praga deste pequeno escaravello. Algunhdas as últimas, na entrada da cidade, en Alfonso Molina diante da estación de buses.

O medo segue estando nos Xardíns de Méndez Núñez, onde hai 70 palmeiras que poderían cambiar a fisionomía dun dos parques máis coñecidos da cidade. Ante esta situación, o Concello da Coruña activou este luns o novo protocolo de actuación para limitar o impacto do picudo vermello nos palmerales da cidade.

Trátase dunha medida coa o que o goberno local “busca salvagardar os exemplares existentes fronte ás pragas deste insecto, unha especie invasora orixinaria da Asia tropical”.

O tratamento que comezou a aplicarse hoxe, de carácter preventivo, levará a cabo, nesta primeira quenda, en 85 palmeiras, repartidas entre os xardíns de Méndez Núñez (70), a contorna das rúas Santa Lucía e Cabana (8), o cemiterio de San Amaro (4), As Atochas (2) e tamén no exemplar situado no acceso ao carreiro da Estacada.

O plan de traballo establecido polo Concello establece que recibirán un tratamento fitosanitario con acetamiprid, con dúas liñas de acción.

A primeira, a inxección do líquido no tronco das palmeiras e a segunda, xa dentro de 15 días, cunha ‘ducha’ non presurizada de acetamiprid sobre o ollo das palmeiras, “unha medida clave á hora de acometer a súa protección, por ser o corazón da planta”. Este procedemento repetirase novamente ao comezo da tempada estival, no mes de xuño.

Máis novas

O picudo vermello arrasa coas palmeiras da cidade

ÚLTIMAS

Centos de antifascistas calan a uns poucos simpatizantes de Vox na Coruña

Centos de persoas concentráronse este sábado na Praza de Lugo, na Coruña, en protesta...

O arquitecto paisaxista coruñés Aritz Sáez Aróstegui gaña un premio internacional

Semana axitada e viva para Aritz Sáez Aróstegui en Barcelona. O arquitecto e paisaxista...

Así fan barrio os comercios nos Mallos e Monte Alto polo Samaín

Arrincaron as celebracións do Samaín/Haloween/Samaween nos nosos barrios. Xa son moitos os anos nos...

Os vínculos familiares, protagonistas do Cormorán Film Fest

Xa está en marcha a sétima edición do Cormorán Film Fest, que se celebrará...