InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOA área coruñesa contará este verán 2024 con 20 praias, 4 portos...

A área coruñesa contará este verán 2024 con 20 praias, 4 portos e 2 Centros con Bandeira Azul

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Vén de anunciar a Asociación de educación ambiental e do consumidor (ADEAC), as praias, portos e centros que lucirán este verán a Bandeira Azul, o polémico distintivo de calidade que require unha seria aposta municipal para superar uns rigorosos criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos.

Arteixo volve ser o que concentra un maior número de bandeiras de toda a provincia da Coruña, con 7 areais seleccionados; seguido da Coruña —5 areais e 1 porto—, Oleiros —5 praias e 2 centros azuis—. En total, en Galicia, son 114 areais de 34 municipios os que contan con este distintivo.

Ademais, temos 3 portos na comarca co seño, e así como dous Centros Azuis.

PRAIAS CON BANDEIRA AZUL 2024 NA CORUÑA E COMARCA
A Coruña
As Lapas
Orzán-Matadero
Oza
Riazor
San Amaro
Arteixo
A Hucha
A Salsa (Repibelo)
Barrañán
Combouzas
Porto de Suevos
Sabón
Valcovo
Oleiros
Bastiagueiro
Espiñeiro
Mera
Naval
Santa Cristina
Miño
A Ribeira
Perbes-Andahío
Bergondo Gandarío

PORTOS CON BANDEIRA AZUL 2024

A Coruña
A Coruña Real Club Náutico A Coruña-Marina Real
Sada
Club Náutico Sada
Porto Deportivo Sadamar
Porto do Son Real Club Náutico de Portosín
CENTROS AZUIS 2024
A Coruña
A Laracha Centro de interpretación dos Muíños de Auga
da Costa da Morte Golmar
Camariñas
Centro de visitantes do Faro de Cabo Vilán
Museo Man de Camelle
Oleiros
Aula do Mar do centro de interpretación
do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes
CEIDA: Centro de Extensión Universitaria
e Divulgación Ambiental de Galicia

Máis novas

As praias da provincia que teñen Bandeira Azul na provincia neste 2023

 

ÚLTIMAS

Tito Pérez lanza “Rumbo Fendido”: “A emigración de xente moza con moita preparación é un tema infrarrepresentado na literatura”

Coñecémolo dende que sacou en 2023 O Latexar do Barrio, unha ollada de relatos...

A Coruña quere recuperar recuperar conexións nacionais na súa política aeroportuaria

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recalcou que a cidade herculina aposta por recuperar...

12 novas citas musicais para o porto coruñés

Segue pechado o porto de Batería para que as iniciativas privadas aproveiten e moneticen...

Escalando cos avós

O Rocódromo de Riazor acollerá o próximo venres, 24 de xullo, unha xornada de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here