InicioCULTURAEstudios Mans ou a gravación de máxima calidade accesible para toda clase...

Estudios Mans ou a gravación de máxima calidade accesible para toda clase de proxectos

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Ao pensarmos nos Estudios Mans, seguramente se nos ven á mente algo inalcanzable para as bandas de a pé. Un espazo onde só a elite musical pode gravar os seus traballos, pero que non é accesible para bandas emerxentes ou pequenos proxectos individuais que dan os seus primeiros pasos no mundo da música.

Sorprendidos ficamos ao coñecer as iniciativas formativas, e as posibilidades de utilizar o tremendo espazo e contar con profesionais para a gravación das túas primeiras intentonas, seguindo a filosofía da promotora, a Fundación Paideia, de achegar a cultura e o emprendemento a todo o mundo, incluídos os colectivos en risco de exclusión.

Así o comprobamos esta mañá de xoves 9 de maio na visita que os internos e internas do Centro Penitenciario de Teixeiro e do Centro de Inserción Social da Coruña realizaban a través da Fundación Érguete. Un grupo de 15 persoas privadas de liberdade que teñen vinculación coa música gozaron dunha visita inesquecible, que seguramente servirá de inicio para o proceso de apertura social dos propios Estudios.

Mercedes Cervelo e Lorena Asorey guiaron a visita polo modernísmo edificio que a Fundación Paideaia construía en pleno Polígono de Pocomaco hai 20 anos. Ademais dos estudios, a “nave” é un Centro de Emprendento empresarial e cultural, e acolle un viveiro que conta con 38 empresas, que poden disfrutar de espazos comúns, ximnasio con formador, espazos de coworking, salas de reunións, comedor, diversas terrazas… Un viveiro tremendamente vivo.

Lorena Asorey e David Paredes nos Estudios Mans

Pero a visita tiña un componente musiqueiro moi marcado, e tod@s agardaban con ansia a entrada nos Mans. ”Estes estudios teñen a porta aberta a toda clase de proxectos”, avanzaba Lorena dándolle paso ao enxeñeiro de son David Paredes. Con entusiasmo, e recoñecendo a alegría de poder disfrutar da súa profesión ao máximo, de poder xogar ao que máis lle gusta coas ferramentas máis modernas, Paredes valorou a aposta da Fundación “por achegar á música a xentes de todas as idades e sectores, aportando formación común e personalizada cos mellores formadores do mundo, e axudando a crear proxectos musicais, pero tamén empresariais”.

Porque a Fundación herculina, mantendo esa marcada vea social que a caracteriza, ten prezos imbatibles para proxectos emerxentes, puideron alugar durante 8 horas o tremendo estudo de gravación, contando cos profesionais e técnicos de Mans, para gravar 3 ou 4 temas, por menos de 400 euros. Cómpre “vir ben ensaiados”, iso si, avisaba Paredes, para poder aproveitar ao máximo a gravación, pero polo resto, a elite técnica da música está ao servizo dos proxectos menos “pudientes”.

Paredes repasou os concursos que teñen en marcha e os proxectos formativos, culturais e empresariais, que desenvolven, facendo que as 15 persoas privadas de liberdade volveran ás súas rutinas, pero coa idea na cabeza de que os seus soños non son tan inviables.

Internos do CIS xogando coa musica nos Estudios Mans
Os internos puideron cantar unhas pezas e ver como se gravaban e editaban

ÚLTIMAS

O centro da Coruña, totalmente limpo, mentres que Os Rosales-Labañou a recollida é do 5%

O lixo acumulado nas rúas da Coruña diminúe nunha nova xornada con colectores incendiados en...

Xa temos cartel do Festival Noroeste 2024

Este venres preséntase o programa completo da 37ª edición do Festival Noroeste. Como sempre,...

Así está a porcentaxe de limpeza do teu barrio

A Comisión de Seguimiento da emerxencia sanitaria composta fixo onte balance estado actual da...

A empresa Valoriza xa comeza a realizar a recollida do lixo

O Concello contrataba na tarde de onte á empresa Valoriza a recollida de lixo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here