InicioCULTURAOs murais de Lugrís serán públicos tras ser mercados pola Xunta por...

Os murais de Lugrís serán públicos tras ser mercados pola Xunta por 36.000 euros

Publicada o

Por editor
A Xunta de Galicia adquirirá os murais de Urbano Lugrís localizados nos números 25 e 27 da rúa Olmos da Coruña tras presentar no Xulgado Mercantil número 3 da Coruña a resolución para exercer o dereito de tanteo. A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude exerce así o seu dereito de adquisición preferente, recollido na Lei de Patrimonio Cultural para aqueles bens que contan co máximo nivel de protección, igualando a oferta de 36.000€ feita por un particular.
O obxectivo desta adquisición é protexer e restaurar o conxunto mural para poñelo a disposición da cidadanía. Para iso, o Goberno galego avaliará a posibilidade de trasladalos ao Museo de Belas Artes da Coruña, tendo en conta o interese común por manter as obras na cidade, a importancia de que non se disgreguen e se manteñan xuntas no futuro, así como a posibilidade de que sexan públicas, garantindo o acceso á cidadanía en calquera situación.
Cómpre lembrar que o Diario Oficial de Galicia publicou en marzo a incoación para declarar Ben de Interese Cultural (BIC), na categoría de monumento, os murais de Urbano Lugrís da rúa Olmos da Coruña. A Administración autonómica iniciou así o procedemento para outorgarlle a máxima protección patrimonial ao conxunto mural feito polo pintor coruñés logo de recibir os informes realizados polos técnicos da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e do Concello da Coruña.
Á hora de incoar o expediente -o que supón xa a protección inmediata do ben- os técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural valoraron que as obras que compoñen o conxunto mural merecen formar parte do patrimonio cultural máis significativo de Galicia pola súa calidade e contexto artístico e para garantir a súa conservación e proxección cara ás futuras xeracións.  Así mesmo, o expediente inclúe tamén a calidade e complexidade destas obras que contan cun carácter excepcional dentro de toda a produción artística de Urbano Lugrís ao no conservarse ningún conxunto desta natureza que sexa testemuño do nivel que chegou a adquirir o artista no ámbito da composición e da creatividade na decoración de interiores.
DUCIA DE PEZAS
O conxunto mural da rúa Olmos está composto por unha ducia de pezas que formaban parte do antigo local de hostalaría que ocupaba os andares baixo e primeiro de ambos inmobles. O pintor deseñou estas pinturas para o Restaurante Fornos, un popular local que forma parte da identidade coruñesa e da súa memoria social que xa existía no século XIX.
Trátase de pezas que presentan diferentes estados de conservación e nas que se representan estampas como a mariña coruñesa, fondos mariños con peixes, algas, sereas ou medusas; motivos mariñeiros como barcos, veleiros, áncoras ou galeóns ou panorámicas da cidade, entre outros temas. Así, entre os elementos que aparecen representados destacan a Torre de Hércules, a antiga Comandancia da Mariña da Coruña ou o Castelo de San Antón.
Saúdos do Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ÚLTIMAS

Inés Rey sobre Feijóo: “non ten nada que achegar á cidadanía”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, sinalou que o líder do Partido...

A Garda Civil da Coruña recupera 16.700 euros e bloquea outros 126.000 en fraudes de investimento e estafas de factura

A Garda Civil da Coruña recupera 16.700 euros e bloquea outros 126.000 en fraudes de investimento e...

Colaboración entre a UDC e o Hospital de Ferrol para desenvolver lentes de realidade aumentada en cirurxía

Profesionais do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) colaboran co Campus Industrial de Ferrol...

Desestimada unha demanda por desafiuzamento nun edificio de Cambre promovida pola Sareb

A Audiencia Provincial desestimou o recurso de apelación interposto pola Sareb (coñecido como o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here