InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOUnha campaña arqueolóxica no Castro de Elviña investigará a causa da desaparición...

Unha campaña arqueolóxica no Castro de Elviña investigará a causa da desaparición dunha das torres

Publicada o

Por europapress

O Concello da Coruña comeza este luns unha nova intervención arqueolóxica no Castro de Elviña para determinar as causas históricas da desaparición dunha das torres da entrada. En concreto, a torre desaparecida daba entrada ao sector 16 do Castro de Elviña. Os traballos consisten na escavación de 105 metros cadrados na zona na que supostamente se atopaba a torre, hoxe desaparecida, así como na terraza localizada no extemo sur da área de protección do xacemento.

En función do material recolleito, o Concello prevé realizar varias probas de datacións por carbono 14 para determinar o momento de abandono da croa, da desaparición da torre e da construción da terraza sur do xacemento. Esta nova campaña súmase ás postas en marcha polo goberno local de Inés Rey para a posta en valor do xacemento, co que se busca avanzar no coñecemento das orixes da Coruña.

A intervención estará dirixida por persoal investigador do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit), que forma parte do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). O equipo técnico está formado por tres técnicos co correpondente persoal de apoio. O prazo estimado de finalización dos traballos será o 31 de maio. Ademais, durante a intervención, un total de sete alumnas do máster interuniversitario de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade participarán na campaña para formarse na aplicación da metodoloxía e estratexia de intervención arqueolóxica.

ÚLTIMAS

Volotea incorpora 6 novas rutas desde o aeroporto da Coruña

A compañía aérea Volotea operará finalmente 6 novas conexións co aeroporto da Coruña. Ás...

A Coruña planta cara ás multas das zonas de baixas emisións: “Non imos restrinxir nin sancionar por tipo de vehículo”

A loita contra a contaminación nas cidades abre un debate que vai máis alá...

Fronte Ampla súmase na Coruña á campaña “Taxa ao rico”

Esta mañá un grupo de representantes da Fronte Ampla, realizaron  unha acción diante do...

O Concello da Coruña descarta restricións na auga ante a prealerta por seca

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, descartou a aplicación de medidas con restricións nunha...