InicioCULTURAO proxecto "Aquí tamén se fala" leva un dos Premio Rosalía de...

O proxecto “Aquí tamén se fala” leva un dos Premio Rosalía de Castro de Lingua

Publicada o

Por europapress

A escritora, sociolingüista, política e profesora Pilar García Negro; o movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega e o proxecto Aquí tamén se fala, do IES coruñés Rafael Dieste, gañaron o Premio Rosalía de Castro de Lingua.

Trátase dun galardón convocado pola Deputación da Coruña cun xurado presidido pola deputada de Lingua da institución provincial, Soidade Agra.

O xurado decidiu premiar a García Negro por “o seu firme compromiso co galego en todos os lugares e en todas as circunstancias, o que lle custou multas e expedientes”. De Nova Escola Galega, resalta a súa “importancia como movemento de renovación pedagóxica referencial” en Galicia.

Aquí tamén se fala

Na categoría de proxecto concreto de dinamización lingüística que realiza un traballo específico cos tramos da poboación de menor idade, infancia e mocidade, o xurado escolleu a proposta de Aquí tamén se fala, promovido polo EDNL do IES Rafael Dieste da Coruña, “por ser a maior campaña de dinamización da lingua galega da historia exercida activamente pola mocidade”. “Trátase”, destacou o comité, “dun modelo pedagóxico en prol da lingua que nace dentro dos muros dun centro educativo mais coa vocación de os transcender e chegar a toda a sociedade e a todos os ámbitos”. O xurado puxo tamén en valor as “novas e ambiciosas” liñas de actuación do proxecto:

  • Acción de rúa.
  • Consecución de apoios e compromisos por parte dos principais clubs deportivos de Galicia.
  • Viralidade en redes a partir das reflexións sobre lingua por parte de referentes culturais galegos e internacionais, formación do alumnado no sector audiovisual para elaborar entrevistas e gravacións musicais con bandas da escena en lingua galega.
  • Creación dun festival musical aberto á cidadanía e monolingüe en galego.
  • Pílulas sociolingüísticas e audiovisuais protagonizadas polo alumnado e a comunidade educativa.
  • Un traballo que naceu coa vocación de ficar, manter liñas de traballo e programar novas para os próximos anos.

Máis novas

“Aquí tamén se fala” convértese en Festival!

O #Aquítaménsefala e o Recuncho Gamer reciben os Premios Mil Primaveras

#Aquitaménsefala: A BSO do IES Rafael Dieste faise en galego

ÚLTIMAS

A bordo da memoria: o Elcano rende tributo á travesía esquecida de 1525 desde A Coruña ás illas Molucas

A saída de Ferrol do buque escola Juan Sebastián de Elcano, prevista para este...

Incendio nunha vivenda na rúa das Camelias da Coruña

Un total de tres persoas foron trasladadas en ambulancia ao CHUAC tras rexistrarse un...

Inés Rey sobre Feijóo: “non ten nada que achegar á cidadanía”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, sinalou que o líder do Partido...

Convocados paros parciais na cociña do Hospital Quirón da Coruña o martes e mércores “contra os recortes”

O sindicato Unión Xeral de Traballadores Servizos Públicos (UGT-SP) anunciou unha convocatoria de paros...