InicioA CORUÑAO pleno aprobou, entre dardos, o recoñecemento extraxudicial de crétido para pagar...

O pleno aprobou, entre dardos, o recoñecemento extraxudicial de crétido para pagar os 4,2 millóns de facturas do IMCE

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Acollía o Palacio de María Pita este xoves 6 de xuño un novo pleno do Concello da Coruña. Un pleno longo, de case 5 horas, con apenas 20 espectadores pola canle de Youtube municipal, que tiña como punto principal o recoñecemento extraxudicial de crédito para pagar as facturas pendentes do IMCE.

Despois dun debate inútil durante máis dunha hora entre os tres voceiros municipais, o pleno aprobou o recoñecemento cos votos a favor de PSOE e BNG, pero cos votos en contra do PP. Tamén se aprobo unha ordenanza municipal para axilizar os procedecementos burocráticos.

Judit Baro Fontela no seu ultimo pleno como Concelleira na Coruna
Judith Fontela Baró no seu último pleno como Concelleira na Coruña

O pleno arrincaba coa despedida á concellleira do PP Judith Fontela Baró, que renunciou ao seu posto como edil tras ser nomeada Directora Xeral de Mobilidade. A que foi compañeira da rexedora hai 20 anos na Facultade de Dereito, despediuse da corporación, e o PP anunciou que, en principio, será a seguinte na lista, María Jesús Fariña, a que tome o relevo.

O pleno rematou cunha moción popular contra a xestión de persoal que coordina o edil Lage Tuñas.

Quen non puideron acodir foron os membros da Plataforma cívica Galiza pola República e Polo Dereito a Decidir, que viron como o Concello denegaba a súa participación, co gallo do 10º aniversario da coroación do rei Felipe VI

Axilizar os procedementos burocráticos

O pleno, cos votos a favor de PSOE e BNG, e abstención do PP, aprobou a Aprobación inicial da Ordenanza municipal de bases reguladoras xerais para a concesión de subvencións polo Concello da Coruña e polos seus organismos públicos. Unha necesaria renovación dunha Ordenanza que segue vixente den 2005, que segundo debullou Lage Tuñas, “reducir os tempos de tramitación administrativa, dotarnos dunha norma que permita mellorar os procedementos, que terá un impacto positivo na relación co terceiro sector, e no tecido social, deportivo e cultural”. O voceiro socialista asegurou que se eliminan trámites como a presentación de documentos que xa teña a administración pública.

O PP lamentou a falta de consenso co resto de partidos, e a falta de particicipación do tecido social e deportivo na creación da ordenanza, a pesar da existencia dos Consellos Municipais de Cultura e Deporte, ademais doutros espazos de diálogo.

O punto forte, IMCE

Grave é o caso das facturas impagadas do IMCE. 4,2 millóns de euros gastados en eventos culturais sen crédito orzamentario, incumplindo os trazos da legalidade, que compromete a estabilidade financiencia do Concello, como recoñecen os informes.

O voceiro municipal, Lage Tuñas, nunha longa intervención argumentou que sempre houbo que acodir á modificacións de crédito para pagar as festas, e que, recoñecendo que non é o procedemento máis axeitado, agora mesmo cómpre aprobar a modificación para poder pagar aos proveeedores.

Dende o BNG criticaron o procedemento, que calificou da “bola de neve froito da cultura do ti vai facendo”. “A situación do IMCE non é de recibo”, denunciou un Jorquera, que así e todo, votou a favor da modificación de crédito.

O edil popular foi máis crú. “Esqueceron vostedes que todo isto foi en ano electoral? Ti vai facendo, e xa pagará maría santísima”, criticou. “Hai que pagarlles a estas empresas, hai facturas por máis de importe de 400.000 e hai que pagarlles”, recoñeceu, pero ”non imos aprobar a chapuza, este exemplo de contratación irregular, moitas veces a dedo; por que non foi a un concurso?”.
O PP preguntou ademais por que non trouxeron o tema moito antes ao pleno, mesmo ocultándolle parte da información ao seu aliado de goberno, en relación ao BNG.

Lage Tuñas tirou do argumento “E tí máis”, acusando a Lorenzo de ter aprobado no 2012 outra modificación de crédito de 2 millóns…

Novo edificio na Gaiteira

Despois dos momentos máis tensos da sesión, aprobouse por unanimidade o estudio de detalle para a construción dun novo edificio na Ronda de Outeiro, 38, a altrua da Gaiteira. Un edicifio de 3 alturas, para o que non houbo alegacións e con informes favorables.

Parcela da Ronda de Outeiro onde se vai construir unha nova videnda
Parcela da Ronda de Outeiro onde se vai construir un novo edificio

Nostián

Foi aprobada por unanimidade tamén a moción do BNG para instar ao Concello a axilizar o proceso de licitación do servizo de tratamento e xestión de residuos sólidos da Coruña, para “converter Nostián nunha verdadeira planta de reciclaxe, non de almacenaxe de refugallos”. Jorquera lembrou que o servizo leva dende 2019 prestándose en precarios, sen movementos municipais”, e pediu que se consensuase co Consorcio das Mariñas.

A Concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, asegurou que votaría a favor, mesmo cunha enmenda do PP, porque “xa estamos niso”. “Temos as bases de licitación preparadas, e contamos co Consorcio. Nas vindeiras semanas poderemos comezar co procedemento”, asegurou.

COF de Monte Alto

Foi a edil do BNG Mercedes Queixas a que levou a, aprobada, moción sobre o precario momento que vive o Centro de Orientación Familiar de Orillamar, pedíndolle ao Concello e á Xunta que repoña as traballadoras en baixa. PP e BNG aceptaron enmendas e transaccións mutuas, se ben a edil popular Carmen No acusou á rexedora de “feminismo naiz e de postín” por “deixar na rúa” a tantas mulleres.

Altri e comercio local

Tensión “europea” se viviu entre PP e BNG arredor da rexeitada a moción do BNG sobre Altri, coa oposición do PP e a abstención do PSOE.

Porén, PP e BNG confluíron para aprobar conxuntamente, coa abstención do PSOE, unha moción para impulsar o comercio local.

Aparcamento en Matogrande

Falouse tamén de Matogrande. Gonzalo Mora levou aos compañeiros de corporaciónfde viaxe a 1994 á zona do Ofimático, pasando polo xa erguido barrio en 2003, ata a actualidade, xa con Xuxán en marcha. O PP pide un plan específico, en coordinación cos veciños, para mellorar a circulación así como as prazas de aparcamento.
O PP incidiu nos problemas de seguridade e pide máis presenza policial, así como a mellora do mantemetno das infraestruturas e equipamentos municipais: asfalto, beirarrúas, sinais, papeleiras, bancos, farolas, etc., carecen de atención.

A Concelleira de Barrios, Nereida Canosa, lembrou que Matogrande ten servizos suficientes, e que o Concello local pensa máis nos peóns e na bici que nos coches. Así e todo, a moción foi aprobada por unanimidade.

Moción pola xestión de persoal

O edil popular Roberto Rodríguez lanzou unha crúa crítica contra a xestión de persoal no Concello da Coruña por parte de Lage Tuñas. “Que máis pode pedir a oposición que un concelleiro que minte. Cando vostede fala, a credibilidade da señora Rey desaparece”, lanzou Rodríguez, que lembrou que o Xulgado abriu dilixencias previas para ver se hai prevaricación na xestión de persoal no Concello da Coruña.
Nos rogos e preguntas o PP tamén lembrou o posible caso de corrupción do edil de urbanismo nas obras dun piso da súa propiedade.

David Soto, por parte do BNG, que votou a favor, lembrou que o PP foi o primeiro que comezou co uso abusivo das comisións de servizo.

E Lage Tuñas defendeuse apuntando que “a comisión de servizo é un elemento reglado”.

David Soto BNG falando das comisions de servizo
David Soto, do BNG, falando das comisións de servizo

 

Máis novas

O Concello denega a participación no Pleno ao plataforma cívica Galiza pola República e Polo Dereito a Decidir

ÚLTIMAS

O centro da Coruña, totalmente limpo, mentres que Os Rosales-Labañou a recollida é do 5%

O lixo acumulado nas rúas da Coruña diminúe nunha nova xornada con colectores incendiados en...

Xa temos cartel do Festival Noroeste 2024

Este venres preséntase o programa completo da 37ª edición do Festival Noroeste. Como sempre,...

Así está a porcentaxe de limpeza do teu barrio

A Comisión de Seguimiento da emerxencia sanitaria composta fixo onte balance estado actual da...

A empresa Valoriza xa comeza a realizar a recollida do lixo

O Concello contrataba na tarde de onte á empresa Valoriza a recollida de lixo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here