InicioMOV. SOCIAISA Coruña celebra o 10º aniversario da coroación de Felipe VI cunha...

A Coruña celebra o 10º aniversario da coroación de Felipe VI cunha Festa da República

Publicada o

Por editor
A Coruña celebrará a súa Festa pola República. Será o mércores, 19 de xuño, coincidindo co 10º aniversario da coroación de Felipe VI. Haberá música, poesía e reivindicación. De feito, actuarán o Grupo Ozáns, Mini, Xosé Taboada, Paco Campos, Grupo Parabéns e Tombalobos Orquetra. A escritora Beatriz Maceda e o escritor Henrique Rabuñal lerán un breve texto sobre a República. O escritor, músico e artista Xurxo Souto presentará o evento.
Esta Festa da República terá lugar a partir das 20 horas, no Campo da Leña (praza de España) da Coruña. Para divulgar esta festa, colocaranse mesas informativas o luns, 17 de xuño de 19 a 21 horas no Cantón Grande da Coruña, e o martes, 18 de xuño, de 18 a 21 horas no Campo de Marte, xunto á biblioteca da Asociación Veciñal de Monte Alto.
Cando se cumpre o 10º aniversario da coroación como rei de Felipe VI os republicanos coruñeses chaman a toda a cidadanía para que se sume á construción dunha alternativa republicana. “É hora de expresar o noso compromiso en defensa da democracia e pola transformación social, con maior xustiza e liberdade para o noso pobo, e por iso queremos manifestar que estamos por un futuro republicano”, aseguran.
Na roda de prensa de presentación desta festa, lembrouse que en 2014, cando abdicou o rei Juan Carlos, unha plataforma cívica de entidades da comarca da Coruña convocaba unha manifestación baixo o lema GALIZA POLA REPÚBLICA E POLO DEREITO A DECIDIR coa participación de máis de 3.000 persoas.
Posteriormente, constituiuse a plataforma cívica Galiza pola República cunha concentración no Obelisco da Coruña o 23 de xullo de 2019, cando se cumpría o 50º aniversario da designación polo ditador Franco de Juan Carlos como o seu sucesor na Xefatura do Estado; e outra concentración o 13 dea bril de 2021, coincidindo co 90º aniversario da proclamación da Repúlbica, cun manifesto apoiado por máis de setenta entidades de Galiza.

ÚLTIMAS

Comezan os preparativos para os concertos no peirao de Calvo Sotelo

O peirao de Calvo Sotelo permanece pechado ao acceso público con motivo do comezo...

A Xunta e o Concello acordan a protección definitiva da Torre de Hércules como espazo natural

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores a orde pola que se...

A transición enerxética no mar pasa polos combustibles verdes: a UDC avalía as opcións máis sostibles

Un estudo do investigador do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI)...

Un veciño da Coruña, investigado por estafa nunha rede internacional

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a un veciño da cidade...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here