InicioMOV. SOCIAISA Flotilla da Liberdade zarpou, tras varios problemas burocráticos e moitas actividades,...

A Flotilla da Liberdade zarpou, tras varios problemas burocráticos e moitas actividades, Rumbo a Gaza

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Tralo excepcional recibimento do pasado xoves, estaba previsto que o Handala, o buque solidario da Flotilla da Liberdade, zarpara da Coruña o domingo 30 de xuño, mais problemas técnicos e burocráticos retrasaron a súa saída rumbo a Lisboa. Un imprevisto que non é un caso illado posto que xa noutros portos houbo complicacións para obter os permisos. Mesmo no porto da Coruña, houbo un problema moi serio no pasado día 27 pois o Handala tivo que estar fondeado varias horas por non recibir o permiso para atracar. Finalmente, grazas a xestións políticas, o buque atracou no porto de Oza, e despois de 3 días completos, partiu esta mañá de luns rumbo ao Mediterráneo, coa chegada a Gaza prevista para o mes de agosto.

Unha viaxe que partiu de Oslo, e que atravesa toda Europa co obxectivo, non só de levar axuda humanitaria a Gaza, senón tamén de denunciar o bloqueo en Gaza, o xenocidio do pobo palestino e pedir ás nosas representantes políticas que garantan a seguridade da súa travesía e promovan accións de denuncia e sancións ao estado criminal de Israel.
Durante parte da viaxe o boque contará con dous representantes galegos, o ex parlamentario Bieito Lobeira e o fotoxornalista vigués Juan Teixeira, que chegarán ata Lisboa.

Bieito Lobeira e Juan Teixeira no Handala 2
Juan Teixeira e Bieito Lobeira, os tripulantes galegos do Handala

3 días de accións

Durante os tres días de parada na cidade da Coruña, unha comisión formada por integrantes da tripulación do Handala e representantes do Comité Galego de Benvida á Flotilla tiveron unha intensa axenda visitas institucionais. O venres 28 fixeron unha visita institucional ao Parlamento de Galicia onde foron recibidos polo Presidente do Parlamento Galego, Miguel Ángel Santalices Vieira e as representantes da Mesa do Parlamento ainda que posteriormente o propio presidente non quixo facer pública esta recepción nin facer fotografías.

Si puideron ter un encontro posterior coa prensa na sala do BNG no Parlamento Europeo e un posterior encontro para poder falar da súa misión e obxectivos nesta ruta rumbo a Gaza. A continuación da xornada do 28 deixou moi bo recordo e á representación da Flotilla cun almorzo e encontro con representantes da Asociación Galaico Árabe Jenin. Posteriormente, foron recibidos no Concello de Santiago de Compostela pola Alcaldesa Goretti Sanmartín e representantes da Corporación municipal e mesmo saíron ao balcón engalanado para a ocasión coa bandeira palestina. Rematou a xornada co mesmo espíritu de solidariedade e apoio cunha recepción no Centro Cultural da Fabrica de Oleiros co alcalde Ángel García Seoane e representantes da Corporación municipal e posterior Gala artística dirixida por Cándido Pazó, coa intervención do cantautor Felix Arias e da artista palestina Rana Hamida, integrante da tripulación do Handala.

Flotilla Deputaciónde A Coruña
Recepción na Deputación da Coruña

Na xornada do día 29, na cidade da Coruña, foron recibidos na Deputación da Coruña polo Vicepresidente Xosé Regueira Varela e deputadas do BNG onde as representantes da Flotilla reiteraron a súa chamada á responsabilidade política na defensa e apoio a esta misión humanitaria e accións firmes de denuncia e sancións a Israel. Desde a Deputación, a comisión saíu cara a sede da UDC, onde foi recibida por unha comisión formada por representantes da equipa reitoral, profesorado, grupos de traballo na UDC por Palestina e representantes do Estudantado. Durante esta recepción presentaron ás representantes do Handala o manifesto da UDC por Palestina, texto no que, entre outros puntos, se pon en valor a defensa dos dereitos humanos e o rexeitamento ás agresións altamente violentas e establecen compromisos de bloqueo de colaboración con institucións israelís.

Flotilla UDC
Recepción na UDC

Rematou esta visita na tarde do 28 cunha Gala solidaria nos Xardíns de Méndez Núñez organizada por Pallasos en Rebeldía. presentada por Isa Risco e Iván Prado na que participaron numerosas artistas e poetas galegas.

Máis novas

“A empresa Indra é complice do xenocidio do pobo Palestino”

 

A UDC promoverá unha cátedra por Palestina e non participará en actos con entidades de Israel

 

 

A Coruña recibe á ‘Flotilla da Liberdade’ entre mostras de solidariedade e contra o “xenocidio” en Gaza

ÚLTIMAS

Entidades veciñais convocan en María Pita por unha solución urxente ao problema do lixo pola “inacción” do goberno

Esta semana era a Federación de Asociacións Veciñais FAVA a que deixaba claro que...

Final da Eurocopa na Coruña: pantalla no Palacio dos Deportes de Riazor

A Coruña, Pontevedra, Abegondo e o concello ourensán de Cenlle tamén instalarán pantallas exteriores...

Acordo entre Rueda e Formoso para transferir estradas e centros educativos

O titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, e o presidente da Deputación da Coruña,...

O informe da UCD poderá servir de “base” para o deseño da nova fachada marítima

Reuniuse esta mañá a Comisión Especial da Fachada Marítima, no salón vermello do Pazo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here