InicioBARRIOSO PP pide que o goberno medie nunha folga do lixo que...

O PP pide que o goberno medie nunha folga do lixo que se alonga demasiado

Publicada o

Por editor

Cada vez cheiran peor as rúas da Coruña. A folga dos traballadores do lixo, convocada polo sindicato STL, está a crear verdadeiros problemas de salubridade na cidade. Se ben esta noite calmouse un pouco a cousa, durante a fin de semana o estado de centos de rúas da cidade era lamentable. Aínda hoxe agardan os contedores de papel nomeadamente unha boa recollida.

Por iso, dende o PP consideran que “a mediación do Concello é urxente” ante o anuncio de que a folga se intensificará, con máis xornadas de folga no mes de xullo e a posibilidade de que sexa indefinida en agosto.

Para solicitalo, o Grupo Popular presentou unha moción para o seu debate e aprobación no Pleno do xoves 4 de xullo. O portavoz popular, Miguel Lorenzo, reiterou o seu apoio ás decisións tomadas por Inés Rey, “pero ten que tomar algunhas porque os veciños claman contra a súa pasividade. Ademais de preocuparse, hai que ter coidado porque nos barrios o lixo está sen recoller, tírase á rúa, con contedores desbordados, mal cheiro, e a presenza de roedores e insectos arredor do lixo”.

“Falamos de sanidade pública, dunha posible alerta sanitaria porque son os meses de verán, a calor”, advirte.

Así estaban o domingo as rúas de Monte Alto

ÚLTIMAS

A Torre de Hércules entra dentro dos centros musísticos da Xunta

O Consello da Xunta autorizou integrar o Centro de Interpretación da Torre de Hércules...

O autor dun roubo con violencia fere a tres axentes da Policía Nacional

Tres axentes da Policía Nacional resultaron feridos na Coruña na madrugada do luns mentres...

O Palacio da Ópera acollerá o 40 aniversario de Duncan Dhu

A banda de rock Duncan Dhu, composta por Mikel Erentxu, Ruben Caballero, Mikel Azpiroz,...

O Concello esixirá a 15 concesionarias que salden as súas débedas antes de xaneiro de 2026

O Concello da Coruña esixirá a 15 concesionarias que salden as súas débedas coa...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here