InicioCULTURAAmanda Pinos, a trombonista que busca formarse na excelencia en EEUU para...

Amanda Pinos, a trombonista que busca formarse na excelencia en EEUU para “volver e facer camiño na Coruña”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Hai talento na cidade da Coruña, pero para seguir medrando moitas veces hai que saír. Falamos hoxe con Amanda Pinos, trombonista afincada na Coruña que está procurando apoios para seguir formándose en EEUU. “Agora teño que marchar porque quero formarme na excelencia, pero teño claro que quero volver para aquí, e traer a riqueza doutros sitios, pero continuando aquí o camiño”. “Tiven tanto cariño aquí e a xente arroupume tan ben que é imposible non querer estar aquí”, destaca.

No seu orgulloso galego neofalante (“creo que é importante valorar as raíces”), cóntanos como está a ser a súa carreira musical como trombonista profesional. Natural de Ponferrada, trasladouse á Coruña hai 9 anos, cando, con 17, decidiuse a vir estudar no Conservatorio de Música a especialidade de trombón, e posteriormente unha segunda carreira da especialidade en Pedagoxía da Linguaxe musical. Hai 7 anos tivo unha lesión que lle obrigou a comezar de certo, pero a día de hoxe aspira ao máximo co seu trombón.

A día de hoxe compaxina a súa actividade dando clases en Adagio Cantabile, escola de música de Os Rosais, con numerosos bolos. Ten mesmo dado algun concerto como solista coa Orquestra Sinfónica de Galicia (na foto principal de Carlos, da Opinión) (“un soño para min, pois eu viña de pequena dende Ponferrada só para vela”, recoñece), e con outras orquestras fóra de Galicia. Pero non se pecha ao clásico. Tamén ten tocado co Combo Viramundo de Xoel López; cos galegos MJ Pérez ou Berlai, con Brassica Rapa, banda de mulleres galegas moi variada, ou co jazz e rock progresivo de Amoeba Split.

Amanda Pinos co Combo Viramundo de Xoel Lopez no Castelo Contoa-Foto-Aigiboga
Amanda Pinos co Combo Viramundo de Xoel Lopez no Castelo Contoa-Foto-Aigiboga

Agora toca voar, e continuar coa súa formación na excelencia en EEUU. “En EEUU, a pedagoxía é moi ben fundamentada, creo que necesito ese nivel, para poder formar un bo camiño, pero aqui, que é o meu lugar e poder continuar apoiando a cultura/arte/ensino da nosa cidade”. Pero facer un master de Trombón en EEUU é un gasto dificilmente asumible. “O problema é que as diferenzas económicas entre EEUU e aquí son tan grandes que non queda máis remedio que ir con moito apoio financieiro. Teño axuda de alí, e teño axudas das escolas máis altas, pero non é suficiente para calquera persoa de aquí. E como polo visto non é doado sacar becas aquí en España, agardo que a base de pequenos apoios poida sacar o apoio necesario”, explica.
Por iso está desenvolvendo unha campaña de crowfunding para asumir as ducias de milleiros de dólares que lle vai costar a matrícula e a estancia.

Ten superado as esixentes probas de 3 universidades, pero seguramente se decantará pola DePaul University School of Music en Chicago para continuar a súa carreira. Pero para iso necesita a nosa axuda, como a de case 150 persoas que xa incluiron os seus donativos. “A verdade é que estou impresionada e contentísima coa axuda da xente. Estou abrumada, porque se cadra non esperaba tanto apoio, e non sabes como agradecer todo isto, porque a xente é tan xenerosa que é incrible. Éncheme o corazón”.

A precaria situación da OSG

Aproveitamos a conversa para preguntarlle pola precaria situación da Orquesta Sinfónica de Galicia. Antes de nada quere destacar a importancia da mesma: “Cando fun a facer as probas a EEUU, en varios sitios coñecían a Orquestra Sinfónica de Galicia, polo que é un orgullo”. Vén de facer dous concertos como solista coa Sinfónica de Galicia, e lembra que para ela é un soño. “Eu viña a Coruña dende Ponferrada a escoitar esta orquestra porque é unha das mellores de toda España, e cun valor internacional moi grande, e agora tiven a oportunidade de tocar con eles… É incrible”, relata emocionada.

Pero non é ouro todo o reloce. Sobre a precaria situación da OSG considera que “iso hai que cambialo xa. Non é xusto que teñamos unha orquestra tan tan boa, moi recoñecida fóra mesmo fóra do estado, e que estean cunhas condicións tan mínimas, tan baixas. Necesitan, para empezar, un mellor o auditorio, porque se tivese un espazo mellor estaría moito mellor”.
Apunta tamén que tamén habería que mellorar o finanenciamento: “Antes tiñan becas, porque a Orquestra Xove de Galicia fai unha labor incrible, e que hai que poñer en valor e defender o seu traballo de canteira. Dende dentro están facendo unha labor preciosa, apoiando novas compositoras, directoras… con grandes músicos a un nivel superalto. Pero desilusiona que non teña máis apoio. A situación ten que cambiar xa”, sinala con contundencia.

Veremos, se cando volva do outro lado do charco, a situación da OSG está mellor e pode desenvolver a súa, seguro, exitosa carreira, dende o Palacio da Ópera. Polo de pronto podemos ir dándolle unha axudiña a través do gofundme.

Amanda Pinos solista de trombon

ÚLTIMAS

“O Concello non ten vontade de solucionar a folga dos conserxes”

Continúa activa por segunda fin de semana a folga dos conserxes das instalacións deportivas...

Delegados da CIG mobilízanse en apoio a un extraballador municipal da Coruña que reclama o seu reincorporación

Delegados da CIG concentráronse ante os xulgados da Coruña con motivo do xuízo pola...

Denunciado o condutor dun camión tras quedar atrancado no túnel de Juana de Vega

O condutor dun trailer foi denunciado tras quedar atrancado co vehículo no túnel de...

O Morriña Fest 2025 celebrarase os días 25 e 26 de xullo

O Morriña Fest celebrará a súa quinta edición na Coruña os días 25 e 26 de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here