InicioOLEIROSOleiros denuncia fortes recortes nos servizos de pediatría do municipio

Oleiros denuncia fortes recortes nos servizos de pediatría do municipio

Publicada o

Por editor

Chegan a todas partes os recortes na sanidade pública. Así o denuncia o Concello de Oleiros, que lamenta que ata setembro, o xa escaso servizo de pediatría que se presta na Casa do Mar de Mera para a zona norte do Concello de Oleiros, vai ser eliminado.

Os nenos e nenas de Dexo, Serantes, Maianca e parte de Dorneda serán derivados a Santa Cruz, onde tamén se recortarán á metade as horas de atención, pasando a atender só polas mañás. O mesmo sucederá en Perillo durante o mes de agosto.

“Esta situación vai provocar unha sobrecarga do traballo dos excelentes profesionais pediátricos que atenden os nenos e as nenas de Oleiros e un colapso nas citas”, entenden dende o Concello, reclama que a Xunta cubra as vacacións dos facultativos e non se recorten servizos.

Lembran ademais que “o déficit de pediatras existente non é novo, xa vén de anos atrás. Xunta e Estado deben adoptar os cambios oportunos para a formación dos pediatras necesarios para o correcto funcionamento do sistema sanitario. A saúde dos nenos e nenas debe ser a prioridade número un da sanidade”.

 

ÚLTIMAS

A inxustiza, o relato, e a xentrificación poden levar por diante o mellor momento do Deportivo

Teño 51 anos e son o son o socio número 1423 do Deportivo. Levo...

A Xunta activa para este sábado unha alerta laranxa por treboadas e choivas en toda a provincia da Coruña

A Xunta activou para este sábado unha alerta laranxa por treboadas e choivas en...

Renfe recupera este sábado a circulación ferroviaria na estación da Coruña tras dúas semanas de obras

Renfe recupera este sábado a circulación ferroviaria na estación da Coruña, unha vez rematada...

Marta e os seus fillos quedan: A mobilización volve demostrar que “xuntos somos forza”

Centos de berros de felicidade encheron o barrio de Monelos cando, despois de máis...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here