InicioCULTURAViñetas desde o Atlántico presenta as autoras e autores da súa 27ª...

Viñetas desde o Atlántico presenta as autoras e autores da súa 27ª edición

Publicada o

Por editor
  • Figuras como Genie Espinosa, Lucas Varela, Marcello Quintanilha, Kundo Krunch, Susanna Martín, Marc Torices, Yeyei Gómez e Jorge Campos pasarán polo Festival de cómic máis importante do país.
  • Viñetas desde o Atlántico 2024 poñerá tamén en valor o rico ecosistema autoral local coas mostras das firmas gañadoras do Premio Castelao de Banda Deseñada 2023: Paula Mayor e Cristian F. Caruncho

— — —

Queda menos xa para o 12 de agosto, cando bote andar a 27ª edición de Viñetas desde o Atlántico. Serán 7 días (ata o 18) nos que a cidade da Coruña volverá converterse no corazón da banda deseñada con esta cita de sona internacional. 

Baixo a dirección do coruñés Manuel Cráneo, o festival aposta pola súa parte expositiva. “Este anos ofrécese unha selección de exposicións oficiais exclusivas ás que se lle unen outras paralelas en colaboración con diferentes entidades e locais da cidade”, sinalou. “Ademais, un dos puntos fortes desta edición e a recuperación dos convidados internacionais”, apuntou.

De feito, serán un total de 18 exposicións, ademais da xa tradicional Rúa da BD e dun rico programa de actividades, que se desvelará ao completo nos vindeiros días e que incluirá charlas, visitas, firmas de libros, proxeccións de cinema, música e obradoiros para profesionais e público infantil.

Neste 2024, o festival reunirá a figuras como Genie Espinosa —autora do cartel desta edición da cita—, Lucas Varela, Marcello Quintanilha, Kundo Krunch, Susanna Martín, Marc Torices, Yeyei Gómez e Jorge Campos, que contarán con exposicións monográficas do seu traballo. As temáticas sociais, a internacionalización —cunha ollada ao mellor cómic chegado de América Latina— e a aposta polas novas voces e a banda deseñada independente e experimental serán as claves de Viñetas desde o Atlántico 2024.

13 exposicións propias nunha marea de sedes

A sección angular do programa desta 27ª edición do festival, bautizada neste 2024 como Viñetas Expo, concentrará 13 exposicións de produción propia dentro da sección oficial, comisariadas pola dirección artística do festival, individuais e colectivas, mais outras 5 mostras paralelas organizadas por entidades colaboradoras, das que pronto se coñecerán os detalles.

As sedes oficiais das exposicións de Viñetas Expo serán o Kiosco Alfonso, Palexco, o Palacio de María Pita, a Sala Salvador de Madariaga, a Casa Museo Picasso e o Centro Ágora. A estes espazos sumaranse, tamén, as seguintes entidades colaboradoras: o Circo de Artesáns, a A. C. Alexandre Bóveda, a Cervezoteca Malte, a Pulpeira de Melide e o Bar 13, que organizarán un programa expositivo especial en paralelo á celebración de Viñetas desde o Atlántico 2024.

A sala principal Kiosco Alfonso recupera a idea de convidados internacionais, centrándose este ano na outra beira do Atlántico, coa mirada enfocada no Brasil e na Arxentina, da man de Lucas Varela, Kundo Krunch e Marcello Quintanilha. Ademais, este ano súmase o Centro Ágora, destinado á banda deseñada para público infantil, cunha retrospectiva de Jorge Campos.

Banda Galega

Viñetas quere poñer tamén en valor o rico ecosistema autoral local coas mostras das firmas gañadoras do Premio Castelao de Banda Deseñada 2023: Paula Mayor e Cristian F. Caruncho.

Ademais preto de 50 autoras e autores galegas e galegos verán a súa obra repartida nas diferentes salas deste Viñetas desde o Atlántico, fito do que moi pronto coñeceremos todos os detalles.

 

 

 

 

ÚLTIMAS

O alcalde de Oleiros lanza unha campaña contra Trump nos paneis informativos municipais

O alcalde do municipio coruñés de Oleiros, Ángel García Seoane, de Alternativa dos Veciños,...

Os bombeiros da Coruña superaron as 2.000 actuacións durante o ano 2025

Os bombeiros da Coruña prestaron un total de 2.026 actuacións en 2025, unha cifra...

A CGT homenaxeou na Agra do Orzán ás vítimas do franquista “Patronato de Protección de la Mujer”

Emoción a flor de pel a vivida onte no salón de actos da Casa...

A Feira Biocultura & Ecoturismo espera 15.000 visitantes esta fin de semana no ExpoCoruña

A Feira de BioCultura regresa á Coruña na súa 8ª edición,  para achegar a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here