InicioBARRIOSA Romaría de Santa Margarida amplíase a 4 días de tradición

A Romaría de Santa Margarida amplíase a 4 días de tradición

Publicada o

Por editor

Na última fin de semana de agosto celebrarase unha nova nova edición da Romaría de Santa Margarida. Do xoves 29 de agosto ao domingo 1 de setembro, o parque herculino acollerá a súa festa máis tradicional, que ten como obxectivo principal visibilizar o rtraballo das asociacións máis arraigadas na terra.

Este ano a Romaría amplíase catro días, comezando o xoves 28 cunha actuación especial de Rodrigo Cuevas. Será ás 21.00 horas no anfiteatro, nun concerto de pago, para as entradas xa están á venda a través de Ataquilla. Como previa, nada mellor que a banda local Pansenfron, unha das bandas referentes da nova era do tradi galego.

O venres tamén haberá novidades cunha actuación dobre especial no Planetario da Casa das Ciencias de Trilitrate, na que se mesturará música folk e imaxes que aproveitarán o novo sistema visual deste espazo. As entradas están á venda na páxina web dos Museos Científicos.
O venres tamén será a tradicional Gran Noite do Folclore, que contará con Donaire, Xacarandaina e Son D’Aquí. Tamén actuará a compañía de danza Óscar Cobos co seu espectáculo Bailador.

O sábado desenvolverase durante todo o día na explanada da Casa das Ciencias o Espazo Participativo, con obradoiros para distintos niveis e idades, unha mostra de entidades da cidade e unha mostra de artesanía musical. Tamén haberá unha actuación de Maghúa. Pola noite actuarán no anfiteatro De Ninghures, Tiruleque e Xurxo Fernandes.

Por último, o domingo ás 12.00 horas na explanada da Casa das Ciencias celebrarase o tradicional concerto da Banda Municipal de Música da Coruña, que actuará xunto con Cántigas da Terra. Durante a xornada haberá actuacións de Pesdelán, Espadana e Caldo e a xornada rematará no anfiteatro con Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, Fetén fetén e Startijenn.

Romaría de Santa Margarida - Programa completo copia

A Coruña en Lorient

A Coruña estará presente no Festival Intercéltico de Lorient para promocionar a cidade e ás súas entidades culturais. O Concello disporá do 12 ao 18 de agosto dun posto propio no que se levarán a cabo diferentes actividades que serán anunciadas proximamente.

 

Outras citas

A XXIII edición do festival Guísamo Folk contará coas Tanxugueiras, como cabeza de cartel

O Noroeste, o festival que esmorece

Viñetas desde o Atlántico inaugura o 12 de agosto unha nova edición na que se homenaxea a Akira Toriyama

ÚLTIMAS

Accidente múltiple preto da peaxe da autopista da Coruña por mor dun xabarín

O atropelo dun xabarín provocou na mañán deste martes un accidente múltiple, con seis...

Acepta seis meses de cárcere por apropiarse dunha obra que lle cedeu a galería José Lorenzo

Un home aceptou unha pena de seis meses de cárcere por apropiarse dunha obra...

“Meirás será un dos lugares de referencia para o recordo e homenaxe a todas as vítimas da ditadura”

O Concello de Sada mostrou a súa satisfacción polo feito de que o Pazo de...

A Xunta declara como área de rehabilitación integrla a zona de Meicende-O Petón

A Xuntas aprobou a declaración como área de rehabilitación integral (ARI) da zona de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here