InicioCULTURAUn final abrupto e violento dos muros do Castro de Elviña

Un final abrupto e violento dos muros do Castro de Elviña

Publicada o

Por editor

O Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC vén de facer públicas as conclusións da escavación realizada durante o mes de maio o Castro de Elviña. E unha das grandes hipóteses ratificadas na campaña dirixida e coordinada por Samuel Nión Álvarez sustenta a teoría de que as súas defensas sexan moi anteriores ás doutros grandes poboados fortificados galegos.

A campaña trataba de identificar os motivos e as datas da destrución dunha das torres do acceso exterior sudoeste. I é que non é normal atopar esta clase de fortificacións abandonadas abruptamente, polo que se formulan a idea dunha “destrución violenta en época antiga”, segundo expón Samuel Nión.

As mostras de carbón e sedimento para obter datacións de C14 (carbono 14) non deron información concluínte sobre as datas de construción, mais si sobre a súa construción. “As analíticas realizadas sinalan que as mostras tomadas formaban parte do material construtivo da torre e do sistema defensivo do castro, amosando unha data particularmente sorprendente: o século V a.C., ou o que é o mesmo, 2.500 anos antes do presente”, indica Nión.

Para amosar a relevancia deste achado, cómpre ter en conta que o coordinador da escavación consideraba unha data próxima ao século III a.C. para a súa construción, ao tempo que outros arqueólogos daban por feito que tivese sido construída xa en época galaicorromana, no século I d.C. Estas datacións non só desbotan esta posibilidade, senón que sinalan o carácter particularmente temperán dos achados “e, ademais, que as defensas monumentais de Elviña —que evidencian que o poboado foi froito dunha planificación estruturada e coidada desde os seus inicios— son moi anteriores ás doutros grandes poboados fortificados galegos como San Cibrao de Lás ou Santa Trega”.

Excursión coa ACLP Roxín Roxal e Felipe Senén

ÚLTIMAS

Volotea incorpora 6 novas rutas desde o aeroporto da Coruña

A compañía aérea Volotea operará finalmente 6 novas conexións co aeroporto da Coruña. Ás...

A Coruña planta cara ás multas das zonas de baixas emisións: “Non imos restrinxir nin sancionar por tipo de vehículo”

A loita contra a contaminación nas cidades abre un debate que vai máis alá...

Fronte Ampla súmase na Coruña á campaña “Taxa ao rico”

Esta mañá un grupo de representantes da Fronte Ampla, realizaron  unha acción diante do...

O Concello da Coruña descarta restricións na auga ante a prealerta por seca

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, descartou a aplicación de medidas con restricións nunha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here