InicioBARRIOSO BNG plántase e pide ao goberno socialista suspender o convenio das...

O BNG plántase e pide ao goberno socialista suspender o convenio das Xubias con Ginko

Publicada o

Por editor
  • O PXOM de 2013 permite a construción de 633 vivendas, mentres que a modificación puntual paralizada rebaixa a cifra a 241

— —

Presentaba esta mañá de luns o BNG unha campaña para paralizar o proxecto de urbanización das Xubias que o goberno socialista encargou a un fondo de investimento.

O grupo municipal vai propor no Pleno do vindeiro xoves que o Goberno Local suspenda o convenio asinado co fondo de investimento Gingko para As Xubias -aprobado na Xunta de
Goberno Local de 30 de xullo deste ano- porque “só persegue beneficiar os intereses privados” e “en ningún caso atender os da cidadanía coruñesa”.

A iniciativa pide impulser a tramitación plenaria da modificación puntual do PXOM que se aplicaría entre a praia de Oza e a Ponte da Pasaxe. Esa modificación puntual foi aprobada en marzo de 2022 e pasou o trámite de avaliación ambiental estratéxica por parte da Xunta. De acordo cos obxectivos de Desenvolvemento Sostíbeis -e en coherencia cun acordo previo de suspensión de licenzas para protexer a fachada marítima-, rebaixa moi considerabelmente a edificabilidade prevista nas Xubias no PXOM de 2013. O Plan Xeral permite a construción de 633 vivendas. A modificación puntual só de 241.

Mais a modificación puntual non está en vigor porque non foi levada a Pleno. “A secuencia de compras de terreos nas Xubias” por parte de Gingko explicaría “o motivo real polo que non se continuou coa modificación puntual do PXOM para a API (Área de Planeamento Incorporada) S35 da Rïa do Burgo”, alegou.

“O Goberno Local pretende enganar e tomar por parvo a cidadanía e á oposición. A alcaldesa dixo que Gingko tiña que se axustar á modificación puntual cando en realidade o convenio exclúe os terreos propiedade deste fondo de investimento da API S35 da Ría do Burgo”, denuncia Veira, que tamén lamenta a falta de transparencia e a falta de compromiso coas vivendas sociais.

A INFRAESTRUTURA FERROVIARIA

Con esta moción, o BNG tamén quere que o Goberno Local garanta a continuidade da infraestrutura ferroviaria que percorre As Xubias , ameazada por un convenio que abre a porta á transformación dos camiños de ferro “nun paseo para peóns, bicicletas e transporte público”.

Máis novas

BNG e PP amosan o seu total rexeitamento á cesión da rexeneración das Xubias a un fondo privado

A Coruña cede a rehabilitación integral do barrio das Xubias a un fondo de investimentos

A Farruca non poderá saltar polas corredoiras de Visma

Así será o primeiro edificio da macrourbanización de San Pedro de Visma

O Concello aproba outras 1.000 vivendas novas no Castrillón

 

ÚLTIMAS

O Pleno tamén aproba a Ordenanza para regular as Vivendas de Uso Turístico

Ademais do rexeitamento da proposta dos Orzamentos 2025 e a convocatoria por parte do...

O colectivo sanitario sae á rúa para esixir “un traballo seguro”

Continúa mobilizándose o colectivo sanitario da Coruña en apoio ao enfermeiro e garda agredidos...

Finalizada a instrución polo crime de Cabanas e decreta a apertura de xuízo oral

O Xulgado de Instrución número 2 de Ferrol finalizou a instrución polo crime de...

Denuncian unha marea de pingueiras que asolagan o Hospital Marítimo de Oza “dende hai anos”

Persoal do Hospital Marítimo de Oza, dependente do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC),...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here