InicioCULTURAUn festival de 5 meses e máis de 100 eventos para celebrar...

Un festival de 5 meses e máis de 100 eventos para celebrar os 25 anos da Sala Mardi Gras

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Unha das salas máis especiais da cidade está de celebración. A Mardi Gras celebra 25 anos programando música e facendo bailar a toda a parroquia coruñesa, e para celebralo, Tomi Legido, alma da Sala ademais de lenda viva da CUAC FM, prepara unha programación espectacular.

Un festival de aniversario que durará 5 meses, de setembro a xaneiro, para os que xa ten listos máis de 100 eventos. Ademais dos concertos haberá comedia, masterclass, DJ convidados, jam sessions e máis actividades, como debullaba a semana pasada, co apoio de SON Estrella Galicia, na presentación oficial celebrada na sala de Monte Alto,  será o patrocinador principal de todas as actividades

Legido calcula que unhas 13.000 persoas poderán disfrutar ao longo destes meses da oferta, demostrando que as salas son o orgullo cultural da cidade.

Así o refrendan as cifras da Mardi Gras, a piques de chegar ás 3.500 funcións celebradas, como unha das salas mellor recoñecidas en todo o estado.

A sala agradece a colaboración durante xa máis de 10 anos de SON Estrella Galicia, aos que se suman para este programa locais Sham Rock e The Breen’s Tavern, a construtora Citanias, a tenda de instrumentos RockBox, Creedence Rock Bar, O Penique… e seguro que moitas máis.

Imaxe dos 25 anos

O Festival conta cunha imaxe creada pola recoñecida deseñadora Rebeca Losada como impacto visual. Rebeca comezou a facer carteis cando non era a súa profesión para os concertos da Mardi Gras. Actualmente traballa con frecuencia para Vetusta Morla, Xoel López, El Náutico de San Vicente e mesmo para o Concello da Coruña, xa que deseñou o cartel do Festival María Pita en 2022.

 

Concertos internacionais

Os concertos internacionais son unha das marcas da casa, algo que os seguidores aprecian e valoran moito, sabendo o esforzo que supón para o recinto e para as bandas conseguir que viaxan a un recuncho do planeta, supoñendo moitas veces máis de 1000 concertos. Quilómetros para pisar as táboas de Mardi Gras durante algo máis dunha hora. Sobre todo as bandas dos Estados Unidos teñen unha base de fans moi consolidada. Durante estes cinco meses tamén se poderán ver bandas de Canadá, Australia, Holanda, Reino Unido e Suecia. Neste apartado agradecer a promotoras da cidade como El Beasto, Máis Galicia e Pink Noise Live que apoian estes estilos minoritarios pero que repercuten en quen se atreve a gozar deles e tamén ás axencias de Booking como Lestrato e Teenage Head Music que Ofrécennos grandes artistas.

Os Lords of Altamont de California na única cita en Galicia. 

Na sección internacional podemos ver aos estadounidenses Nashville Pussy, The Lords Of Altamont, Paul Collins, Warrior Soul, Mojo Thunder e Stone Senate. Child chegará de Australia, o quinteto Halm de Suecia e The Black Halos de Canadá. Tamén se suma a unha xira exclusiva por Galicia o holandés Tim Vantol, con fieis seguidores na Coruña.

Chegan percorridos especiais desde diversos lugares de España, como os dous que tamén celebran o seu 25 aniversario: Locus e Cápsula. A eles hai que sumar bandas como Sobrinus, con 35 anos de traxectoria.

Non podían faltar unha importante selección de bandas galegas con estilos moi diversos, dende a Orquestra Bravú Xangai, pasando por Leria, Exit, que continúan un ano máis como banda residente, Zalomon Grass, Blues do País, Hugo Guezeta ou Ricky Hombre Libre.

Ciclo de Humor Pedro Brandariz

Non todo será música durante estes cinco meses. A sala prepara tamén o Ciclo de Humor Pedro Brandariz, en lembranza daquel gran actor e humorista que nos deixou demasiado pronto. Alí actuará Carlos Blanco, con dúas citas, Oswaldo Digón e Victor Grande, Las Izquierdo Sisters e Niñas de la Risa, o Dúo Vaguedades con Isabel Risco e Fran Rei, entre outros.

Engadiranse eventos especiais como as Rock Jam Sessions organizadas polo Mardi Gras Republic, unha noite de Homenaxe a Eva Coyote o día exacto do seu aniversario co encontro dos seus compañeiros de Coyote Exprés para a ocasión, entre outras actuacións e que terá entrada gratuíta.
Non faltarán as Masterclass, como a de guitarra El Twanguero, o sábado 12 de outubro, xusto ao día seguinte de actuar no recinto.
Haberá varias sesións de DJ invitados ao longo das noites da fin de semana. Aos residentes Ozzy de Castro e Black Jesus uniranse DJs coñecidos como Duedeneta Dj. Tamén recuperan Los Plutones coa súa homenaxe a The Beatles nun concerto familiar o domingo 10 de novembro ás 18.00 horas.

E falando de homenaxes, tamén chegarán bandas que fan tributo a grandes como Bruce Springsteen, Aretha Franklin, King Crimson, Metallica, Iron Maiden, The Cure, Depeche Mode, Extremoduro, MC5 e Elvis Presley.

A Sala inicia unha serie de conexións con festivais e ciclos, como o de Noites do Porto, que  celebrará o seu concerto de clausura o domingo 29 de setembro, con Bernard Butler (ex-Suede y productor de grandes Lps) para o que xa saíron as entradas.
Tamén colaboran co festival Elas Son Artistas rematará o 16 de novembro, día exacto da efeméride, con Las Antonias no noso escenario.

Primeira tanda

A pasada fin de semana xa chegaronn os primeiros concertos comezando o xoves pola banda británica de Jack J. Hutchinson; pasando polo tributo a Metallica e Iron Maiden (con sold out), e continuando pola homenaxe dos coruñeses Trac ao alemán de Camelle.

 

LISTADO COMPLETO DE ARTISTAS CONFIRMADOS PARA O XXV ANIVERSARIO DA MARDI GRAS

Bandas internacionais

Child (Australia) – Halm (Suecia) –  Jack J. Hutchinson (U.K.) – Mojo Thunder (U.S.A.) – Nashville Pussy (U.S.A.) – Paul Collins (U.S.A.) – Stone Senate (U.S.A.) –  Stop Stop (U.K.) – The Black Halos (Canadá) – The Lords Of Altamont (U.S.A.) – Tim Vantol (Holanda) –  Warrior Soul (U.S.A.)

Bandas estatais

Cápsula – Camellos –  Colectivo Panamera – Guiu Cortés El Niño de la Hipoteca  Lemot – Los Gandules – Locus – Pedro Pastor y Los Locos Descalzos –  Sex Museum – Sobrinus – The Boo Devils – Twanguero

Bandas galegas

A Orquestra Bravú Xangai – Alga – Amoeba Split – Blues do Pais – Brais Morán & NasauFunk – Eladio y los Seres Queridos -Hey Hematoma – Hugo Guezeta – Imägo – Las Antonias  – Leria – Mad Martin Trío -Mundo Prestigio – Ricky Hombre Libre – Stylers – TRAC – Zålomon Grass 

Ciclo de Humor Pedro Brandariz

Dúo Vaguedades – Carlos Blanco – Caxoto – Oswaldo Digón & Víctor Grande – Reinas Malas (Izquierdo Sisters + Niñas de la Risa) – Show Feroz

Tributos

Freedom (Aretha Franklin) – Debosses (Bruce Springsteen) – Exploding Boys (The Cure, Depeche Mode, Joy Division, New Order) – Metal Duo (Iron Maiden + Metallica) – The Flows (Elvis Presley) – The Nineties (Rock & Grunge 90s) – TRAC (King Crimson) –  Ultracuerpos (MC5) – Yo, Minoría Absoluta (Extremoduro)

Eventos especiais

EXIT – Batalla de Bandas CUAC FM – Clausura Noites do Porto – Concierto familiar Los Plutones – Djs Invitados & Residentes – Homenaje a Eva Coyote- Masterclasses – Rock Jams – Soundhood Estrella Galicia – Punk Para Perretes (A beneficio de Apadán).

ÚLTIMAS

As familias de Oleiros maniféstanse en contra dos recortes no colexios

Ducias de persoas participaron esta tarde na concentración organizada polas ANPAS dos CEIP Juana...

Este xoves redúcense as afectacións ao tráfico na avenida de Alfonso Molina

As afectacións ao tráfico na avenida Alfonso Molina, na Coruña, reduciranse a partir do...

Kirk deixa na Coruña árbores caídas, moita chuvia e caos no transporte

O exfuracán Kirk, xa convertido en borrasca, deixa en Galicia nas primeiras horas deste...

Un incendio de “moita intensidade” que afecta a un taller en Cambre mobiliza os bombeiros de Arteixo, A Coruña e Betanzos

Bombeiros desprazáronse este mércores ao polígono do Amorne, no municipio coruñés de Cambre, para...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here