InicioCULTURAA coruñesa Bea Lema, Premio Nacional de Cómic 2024

A coruñesa Bea Lema, Premio Nacional de Cómic 2024

Publicada o

Por editor

A coruñesa Bea Lema vén de recibir a nova de que é a gañadora do Premio Nacional do Cómic 2024. O premio, outorgado polo Ministerio de Cultura, está dotado con 30.000 euros.

O xurado destacou a súa obra ‘O corpo de Cristo’ (Astiberri) por “ser unha obra innovadora, formalmente arriscada, con texturas e composicións que transcenden as técnicas máis empregadas sen renunciar ao uso do humor e a mirada poética. A obra ten gran profundidade e sensibilidade para forma de abordar un tema tan complexo como a saúde mental desde a propia experiencia da autora, así como a reivindicación da importancia dos coidados.”

Así mesmo, o xurado indicou que ‘O corpo de Cristo’ de Bea Lema “é unha obra de gran beleza visual e profunda emoción que ofrece unha mirada sorprendente na relación nai e filla, sendo unha auténtica exploración da linguaxe que utiliza recursos estéticos alternativos e mostra un novo camiño de tecer a historia reivindicando a propia memoria migrante”.

El Cuerpo de Cristo de Bea Lema Premio Nacional de Comic

Biografía

A ilustradora e autora de banda deseñada Bea Lema naceu na Coruña en 1985. Ten realizado de ilustracións para revistas, carteis ou libros infantís. O seu traballo, xeralmente autobiográfico, trata temas como a loucura, as relacións familia, relixión, trauma e rituais populares.
En 2017 recibiu o XII Premio Castelao de Cómic da Deputación da Coruña por “O Corpo de Cristo, a súa primeira novela gráfica, un proxecto autobiográfico que analiza a enfermidade mental desde a perspectiva dunha nena.

En 2022 recibiu unha bolsa para completar a residencia de novela gráfica na Maison des auteurs de Angoulême (Francia). O libro no que traballou, partindo do primeiro cómic e que foi publicado en Francia pola editorial Sarbacane baixo o título ‘Des maux à dire’ e en España de Astiberri co título ‘El cuerpo de Cristo’, foi galardoado co Premio do Xurado do Festival BD 2023 en Pèrigord, e o Premio do Público do Festival de Angoulême, o Premio Bédélys do Festival de Cómic de Montreal á mellor obra estranxeira e Gran Premio de a heroína Madame Figaro en 2024.
Actualmente traballa na adaptación deste libro a unha curtametraxe de animación.

ÚLTIMAS

O persoal da Compañía de Tranvías da Coruña ponse en folga

Os representantes dos traballadores da Compañía de Tranvías da Coruña, composto polas seccións sindicais...

“Foliada”, a nova APP para consultar e compartir cantigas galegas

Xa coñecemos as aplicacións ”Breogán” e ”Carmucha”. Ferramentas dixitais que espallan a nosa música...

A Coruña pídelle á Xunta xestionar a nova estación de autobuses: “En Vigo, transferiuse ao Concello”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, manifestou a intención do concello herculino...

Mar de Fábula e persoas privadas de liberdade do CIS constatan o regular estado de saúde do Areal da Torre

A pasada semana, o areal da Torre acolleu a quinta acción ambiental deste ano...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here