InicioMOV. SOCIAISAs peticións da rapazada para unha Coruña que pense neles: "Mellora dos...

As peticións da rapazada para unha Coruña que pense neles: “Mellora dos parques, máis natureza e as boas relacións”

Publicada o

Por editor

Esta pasada tarde de luns celebrouse no salón de plenos de María Pita unha sesión do Consello Local da Infancia da Coruña, no que participaron 22 rapaces e rapazas de primaria de 13 centros educativos da cidade. Os conselleiros e conselleiras participantes do pleno presentaron ao equipo de goberno as tres propostas escollidas entre as máis de 200 ideas xordidas dos encontros.

nenos e nenas de distintas escolas da cidade participan no Consello Local da Infancia / coruna.gal

Mellorar o deseño dos parques e espazos ao aire libre, conseguir unha cidade con máis natureza e mellorar as relacións entre o alumnado e o profesorado foron as tres medidas achegadas polo CLIAC ao Goberno Local no Pleno Infantil. Para elo realizaron un total de 21 encontros e actividadesentre os que destaca a asistencia a Encontro Galego de Consellos da Infancia no Carballiño, a visita ao Parlamento de Galicia e unha xornada de convivencia coas familias.

Rapazada participante no Consello Local da Infancia / Inés A.

A alcaldesa, Inés Rey,  comprometeuse a traballar nas necesidades expresadas polos pequenos.”As tres propostas que escollestes son moi necesarias e reflicten a vosa visión que dende hoxe mesmo facemos nosa”. Así mesmo, Rey trasladoulles o seu agradecemento por participar na iniciativa e por comprometerse coa cidade.

REPRESENTANTES DA INFANCIA

Nesta convocatoria participou rapazada de tres centrosCPR Karbo, alumno que pasou a IES SARDIÑEIRA;  CPR Sagrado Corazón;  CPR Salesianos San Juan Bosco; CPR Santo Domingo; CEIP Sal Lence; CEIP Ramón de la Sagra; CEIP Manuel Murguía, alumno que pasa a IES Elviña; CPR CID; CEIP Víctor López Seoane;  CEIP Anxo da Garda; CEIP María Pita, 1 alumna que pasa ao IES Otero Pedrayo; CEIP San Pedro de Visma e CEIP San Francisco Javier, alumno que pasa a Maristas

O obxectivo último deste programa é a activación do CLIAC, un órgano representativo onde nenos e nenas de toda a cidade sexan os/as representantes da infancia e trasladen ao Concello as necesidades, propostas e suxestións ao redor das cuestións que lles afectan no día a día, exercendo así o seu dereito á participación e levando á práctica o traballo de cidadanía participativa.

Alumnas presentan as súas propostas no Consello Local da Infancia / Inés A.

 

ÚLTIMAS

Investigan un brote de gastroenterite que afecta a case 50 alumnos do IES de Elviña na Coruña

Entre 40 e 50 estudantes do IES Plurilingüe de Elviña, na Coruña, están afectados...

A licitación do novo contrato de xestión da planta de Nostián a 25 anos incluirá a súa remodelación

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar unha demanda histórica: vén de asinar...

Sen autobuses e con piquetes: nova xornada de paros no transporte de viaxeiros da Coruña

Traballadores e traballadoras do sector do transporte de viaxeiros na provincia da Coruña están...

Os taxistas volven colapsar a cidade para esixir unha ordenanza sobre os VTC

A xornada de paro dos taxistas vén de colapsar a entrada da cidade. O...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here