InicioECONOMÍAO porto da Coruña, entre os galegos que aumentan tráfico de mercadorías...

O porto da Coruña, entre os galegos que aumentan tráfico de mercadorías en agosto e con aumento de cruceiros

Publicada o

Por europapress

Os portos de interese xeral do Estado en Galicia aumentaron un 16,4% o tráfico de mercadorías en agosto en comparación co mesmo mes de 2023, cun volume de 2.818.168 toneladas, segundo os datos que publica o Ministerio de Transportes este luns.

No entanto, hai diferenzas entre os cinco portos de titularidade estatal. Por unha banda, aumentan os tráficos na Coruña (1.366.367 toneladas), Ferrol-San Cibrao (643.978 toneladas) e Vigo (398.880). Con todo, baixan en Marín-Ría de Pontevedra (301.363 toneladas) e Vilagarcía (107.580 toneladas).

No acumulado do que vai de ano, entre xaneiro e agosto, o porto de Marín-Ría de Pontevedra lidera o crecemento relativo (+19,1%) na comparativa co mesmo período de 2023, cun total de 1.743.589 toneladas. Tamén soben en Vigo (+11,3%), con 3.578.490 toneladas, e A Coruña (+11%), con 10.086.439 toneladas, o de maior volume global.

En cambio, nos oito primeiros meses de 2024 esborrállanse as mercadorías un 21,2% en Ferrol-San Cibrao (4.690.537 toneladas) e tamén baixan en Vilagarcía (-7,4%), cun acumulado de 957.237 toneladas.

No tocante a cruceiros, o porto da Coruña experimenta un crecemento de pasaxeiros ata agosto do 35,2%, con 272.110 cruceristas. Contrasta co descenso do 6,3% de Vigo, que queda en 111.829 persoas.

Rexistra un auxe o turismo de cruceiros en Ferrol-San Cibrao ao anotarse 10.047 cruceristas, un 122,7% máis que un ano antes. Igualmente, repuntan un 31,9% en Vilagarcía e ascenden a 1.681 pasaxeiros. Ademais, en Marín-Ría de Pontevedra houbo 765 visitantes no que vai de ano, cando foron cero no mesmo período de 2023.

ÚLTIMAS

Arrinca o concurso de Tapas Picadillo e a V Ruta de Tapas e Pintxos de Galicia

Tempos gastronómicos estes de outono na cidade. Por un lado comeza a XXII edición...

As festas no Ventorillo aproveitan a ponte

Tralas festas do Rosario da Cidade Vella, tócalle tomar o relevo á AVV Ventorrillo....

A Coruña garda un minuto de silencio por Maricarmen, convertida en símbolo da loita pola vivenda

Decenas de persoas asistiron na praza de María Pita ao minuto de silencio convocado...

Reaccións ante o pasamento de Xosé Manuel Beiras

Morreu Xosé Manuel Beiras (Santiago de Compostela 1936- Brión 2026)., un dos grandes políticos...